Pontevedra lembrará a 'Señora Lola' cun mural artístico preto do estadio de fútbol de Pasarón

Estase aínda buscando a localización máis adecuada para esta iniciativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2020 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra lembrará a 'Señora Lola' cun mural artístico preto do Estadio de fútbol de Pasarón, aínda que aínda se está buscando a localización máis adecuada para esta iniciativa.

Imaxe do estadio municipal de Pasarón.
Imaxe do estadio municipal de Pasarón. | Fonte: concellopontevedra.es

Esta iniciativa está enmarcada no programa municipal "A memoria das mulleres" que ten como obxectivo crear un arquivo documental, gráfico e audiovisual sobre personaxes femininos da historia de Pontevedra.

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, explicou que este programa busca encher de contido o baleiro que as mulleres ocupaban no relato oficial, rescatando os nomes, as biografías e, como neste caso, os rostros.

Con este obxectivo leváronse a cabo durante os últimos anos numerosas actividades como publicacións, exposicións, difusión en medios de comunicación, nomeáronse rúas e pintáronse murais, entre outras iniciativas.

Nesta ocasión, lembrarase a Dolores Calviño, a 'Señora Lola', que durante máis de corenta anos traballou con devoción para o Pontevedra Club de Fútbol.

Era moito máis que a responsable da lavandaría e así llo recoñeceu a afección cando saíu ao balcón do Concello para celebrar o ascenso de 1984 entre berros de "Que saia a nai dos xogadores!".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta