O PP pide que Sánchez aclare se viaxou en jet privado a un acto do PSdeG en Santiago

Os populares rexistraron unha pregunta no Senado para que o presidente do Goberno aclare se utilizou medios oficiais nesta saída a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 29/02/2020 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario Popular no Senado rexistrou unha pregunta no Senado para que o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, aclare se utilizou medios oficiais para desprazarse o pasado fin de semana a Santiago de Compostela para participar nun acto de precampaña do PSOE de Galicia.

Os senadores galegos do PP rexistraron esta cuestión para a súa resposta por escrito, á que tivo acceso Europa Press. Nela solicitan ao Executivo os detalles dos medios técnicos e humanos dispostos para a asistencia a Sánchez nesta viaxe, así como o custo dos mesmos.

(I-D) O candidato do Partido Socialista Galego á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, xunto ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante o acto de presentación da candidatura, en Santiago de Compostela a 23 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
(I-D) O candidato do Partido Socialista Galego á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, xunto ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante o acto de presentación da candidatura, en Santiago de Compostela a 23 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE desprazouse ata Santiago de Compostela o pasado domingo, día 23 de febreiro, para apoiar ao candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, nun acto no pavillón Multiusos do Sar. Segundo informa 'El Independiente' Sánchez utilizou nesta viaxe un jet privado e unha decena de vehículos, ademais de ser acompañado por unha parella de motoristas da Garda Civil.

Desta maneira, os 'populares' volven levar ás Cortes Xerais unha iniciativa parlamentaria relacionada coas viaxes de Pedro Sánchez ao considerar que puido utilizar medios oficiais para o seu traslado.

POLÉMICA DO JET PRIVADO

Unha das viaxes máis polémicas do presidente do Goberno foi o que realizou en xullo de 2018 a Castelló, cando apenas levaba dous meses á fronte do Executivo. Nesa data Sánchez trasladouse no avión oficial Falcon á Comunidade Valenciana e reuniuse co presidente desta comunidade, Ximo Puig, para posteriormente asistir ao Festival Internacional de Benicàssim (FIB).

Por aquel entón o PP xa solicitou a comparecencia no Congreso do subdirector do Consello de Transparencia, Javier Amorós, para que informase da "censura e crítica" que este organismo fixera a Sánchez por "abusar do segredo oficial para ocultar as súas viaxes" despois de que o Executivo cifrase en 282,92 euros o gasto en protocolo.

Así mesmo, o PP rexistrou o día 19 de xaneiro deste ano unha petición para que a Comisión Mixta (Congreso-Senado) para as Relacións co Tribunal de Contas inste a este órgano a fiscalizar o uso que fixo Sánchez do Falcon do Exército do Aire do que dispón para os seus desprazamentos, así como a utilización que fixeron doutras aeronaves do 45 Grupo da Forza Aérea os demais membros do Goberno.

Os 'populares' publicaron o ano pasado un comunicado no que daban unha listaxe das viaxes nos que Sánchez fixo, ao seu xuízo, "un uso abusivo dos bens públicos". Así, lembran que o presidente do Goberno e a súa esposa viajaraon á Rioxa nun helicóptero Super Puma do Exército do Aire a unha voda do seu cuñado o 30 de xuño de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta