Piden dez anos de prisión para un home que agrediu sexualmente unha muller na Coruña

O acusado e a vítima acordaran verse para ter relacións sexuais a cambio de diñeiro. Malia que decidiran usar preservativo, o varón acabou por quitalo sen o consentimento da muller, sobre a que exerceu violencia física e psicolóxica.

Por E.P. | CORUÑA, A | 29/02/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 4 o xuízo contra un home acusado de agresión sexual a unha muller e de causarlle lesións, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Por estes feitos, Fiscalía solicita para o sospeitoso dez anos de prisión.

De acordo co escrito de cualificación, en setembro do 2018 o acusado contactou coa muller a través dunha páxina web coa muller para manter un encontro sexual a cambio de 50 euros. Ambos acordaron verse para ter unha relación sexual con preservativo e polo prezo indicado.

No día acordado, o home recolleu a muller no seu vehículo na Rolda de Nelle da Coruña e levouna a unha zona solitaria do poboado do Portiño. Daquela pasaron ambos ao asento traseiro do vehículo, no que tamén había unha cadeira axustada da filla pequena do acusado. 
"Nese reducido espazo, decidiu sacarse o preservativo", sinala o Ministerio Público, que asegura que o fixo "contra a clara vontade" da vítima, que se negou "a seguir co encontro sexual.

Ante a súa negativa, o home comezou presuntamente a "pórse violento". Segundo o relato da Fiscalía, o acusado agarrou a vítima do pelo e do pescozo, acurralouna contra a cadeira infantil e inmobilizouna para, finalmente, penetrala vaxinalmente. Fiscalía sinala que, "por mor da violencia exercida polo acusado", a muller sufriu "erosións no pescozo", ademais dunha crise nerviosa. Foi necesario o tratamento psicolóxico. 

Manifestación en Vigo contra a violencia machista
Manifestación en Vigo contra a violencia machista | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta