Pablo Iglesias pide que Galicia acabe co goberno "despótico" de Feijóo para non quedar "de costas" ao cambio

O secretario xeral de Podemos participou hoxe no acto de proclamación de Antón Gómez-Reino como candidato á Xunta.

Por E.P. | A CORUÑA | 29/02/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos e vicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, instou aos galegos a non quedar "de costas" ao cambio propiciado a nivel estatal coa entrada de Unidas Podemos no Goberno e a acabar co goberno "despótico" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"Galicia merécese un presidente que estivo de xeito conxunto defendendo a industria e non a un presidente nunha foto cun narco nun iate e que tendo competencias non fixo nada", chantou Iglesias.

Pola súa banda, a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que avanzou que se implicará na campaña electoral galega, recalcou que Galicia "tamén merece un goberno de esquerdas" e subliñou que o "reto" debe ser "derrotar a Feijóo". "Desta vai", dixo chamando á Galicia "valente" e insistindo igual ca Iglesias na mobilización nesta campaña.

"Falade con todo o mundo", manifestou o líder de Podemos no acto de proclamación do secretario xeral de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, como candidato da coalición Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta.

O vicepresidente do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, durante un acto de Galicia en Común na Coruña a 29 de febreiro de 2020. M. Dylan - Europa Press
O vicepresidente do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, durante un acto de Galicia en Común na Coruña a 29 de febreiro de 2020. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arredista

Espanholada fora da Galiza!