'Nel meu conceyo, na mio llingua': a campaña a prol do uso do galego-asturiano na administración pública

A Xunta pola Defensa da Llingua Asturiana e a asociación do Navia-Eo Xeira ofrecen ao público modelos de solicitude para reclamar aos Concellos seren atendidos nesas linguas.

Por E.P. | OVIEDO | 01/03/2020 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A Xunta pola Defensa da Llingua Asturiana (XDLA) e a asociación do Navia-Eo Xeira comezaron este domingo unha campaña conxunta para facilitar aos cidadáns que se poidan dirixir aos seus Concellos para reclamar o uso do asturiano e do galego-asturiano.

As dúas organizacións ofrecen aos curiosos un modelo de solicitude onde se reclama un "compromiso e implicación maior do Concello con esta cuestión", indicaron desde a asociación a través de nota de prensa. A campaña ten como lema global 'Nel mio conceyu, na mio llingua' ou ben 'Nel meu conceyo, na mio llingua', no caso do galego-asturiano.

Na web da XDLA e na páxina de Facebook de Xeira xa se pode descargar o modelo de solicitude con versión en asturiano e en galego-asturiano para que os interesados reclamen ao Concello, a través de e-mail ou vía rexistro, o uso destas linguas. Por outra banda, cos hashtags #NaMioLlingua e #NaMiaLlingua as organizacións chaman á cidadanía a que reclaman a través de redes sociais o uso dos idiomas propios de Asturias.

Entre as medidas que se queren reclamar está a tradución da páxina web do Concello, a sinalización de edificios e dependencias, a oficialización da toponimia tradicional ou, no seu caso, a xeralización do uso desa toponimia e da lingua propia nas intervencións públicas da alcaldía e as concellarías, ademais de na cartelaría e difusión de campañas e actividades.

"Nestes momentos, case poden contarse cos dedos dunha man as páxinas de entidades públicas que contan coa opción de poder navegar en asturiano ou en galego-asturiano, un feito que consideramos unha falta de respecto cara ao patrimonio lingüístico desta terra e cara aos seus falantes. O mesmo pasa coa toponimia oficial ou na visibilidade das linguas propias en campañas e no día a día da Administración local", sinalan desde a asociación.

Manifestación do 2018 en Oviedo a favor da oficilidade do galego en Asturias
Manifestación do 2018 en Oviedo a favor da oficilidade do galego en Asturias | Fonte: PLATAFORMA POLÁ OFICIALIDÁ DEL GALLEGO-ASTURIANO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bonseibe

Debe haber unha gralla no lema. Coido que é "na mía lingua" (/llingua dependendo da variante). No cancelo está ben.