Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2020 | Actualizada ás 16:27
Un total de 627 traballadores fixos descontinuos durante nove meses incorpórase desde o domingo ao servizo de loita contra o lume (Spdcif) da Xunta.
Segundo informa a Consellería de Medio Rural nun comunicado, esta incorporación faise todos os anos antes da chegada da primavera, de acordo coas necesidades de programación e climatolóxicas.
O persoal que se incorpora forma parte do colectivo de bombeiros forestais, nas categorías de xefe de brigada, bombeiro forestal, bombeiro forestal condutor, oficial de defensa contraincendios, condutor de motobomba, emisoristas e vixiantes fixos.
Son empregados que permanecerán en activo ata o próximo 30 de novembro. Agora despregaranse de forma progresiva os medios da precampaña, que vai de marzo a xuño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.