Temas: MENORES APOSTAS

O sector do xogo deféndese e asegura que Galicia rexistrou só dous casos de apostas realizadas por menores en 2019

A patrona asegura que é un sector "modélico" e "sen incidencias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2020 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou dous casos de apostas realizadas por menores en 2019, nun ano no que levaron a cabo 5.413 inspeccións, segundo as cifras ofrecidas este luns pola patronal do xogo en Galicia con base en datos da Xunta. Así o afirmou este luns o presidente da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO), Serafín Portas, na asemblea xeral ordinaria celebrada en Santiago de Compostela.

Xogos e apostas online
Xogos e apostas online | Fonte: Pixabay.

Ante estas cifras, Serafín Portas defendeu o sector do xogo en Galicia como un negocio "modélico, de referencia a nivel estatal, perfectamente regulado e sen incidencias".

Así mesmo, sinalou que a "estabilidade que se garante" en Galicia en canto ao sector do xogo presencial é "froito do traballo coa Administración autonómica" a través dunha "normativa modélica que regula distancias entre locais de xogo e centros educativos.

"En Galicia sempre fixemos os deberes no sector presencial. Estamos controlados e somos unha referencia a nivel europeo", engadiu o presidente de AGEO, quen afirma que é "responsabilidade" do sector facilitar "o xogo seguro, controlado e vetado a menores".

Ademais, sinalou que a asociación aposta pola "educación e accións de RSC" que "acheguen" a actividade á sociedade e "conseguir unha taxa cero de incidencias".

Por outra banda, Serafín Portas indicou que "é falso que exista unha proliferación da oferta de xogo", xa que, nas empresas asociadas a AGEO, "a tendencia segue á baixa". Así, o número de máquinas B descendeu desde as 20.000 da década dos 90 ás 9.537 na actualidade, segundo engadiu.

Por iso, o presidente da asociación pediu "defender ao sector" para poder "exercer" a súa actividade "libremente" e "garantindo" o seu futuro económico.

Temas: MENORES APOSTAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Vigo vai gañar montes e moreas ! https://twitter.com/Club_revista/st...