Prosegue a procura do octoxenario desaparecido o sábado en Boimorto

Este martes o equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que colaborou o luns na procura, non pode facer o seu labor debido ao vento e á choiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2020 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Diversos efectivos de emerxencias participan de novo este martes na procura dun octoxenario desaparecido desde a noite deste sábado no termo municipal de Boimorto.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, na mañá deste martes retomaron os labores de rastrexo, ampliando o radio de procura da xornada pasada, con guías caninos, efectivos de Protección Civil, patrullas da Garda Civil e veciños da zona.

As mesmas fontes puntualizaron que este martes o equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que colaborou o luns na procura, non pode facer o seu labor debido ao vento e á choiva.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo coñecemento da desaparición deste octoxenario ás 00,15 horas do domingo mediante a chamada dun particular que informaba diso.

O alertante explicou que o home desaparecido, do lugar de Romelas, foi visto por última vez por unha veciña, sobre as 20,00 horas do sábado. Con esta información, por parte do 112, pasouse aviso á Garda Civil, que activou un operativo de procura, ao que se sumaron voluntarios de Protección Civil de Boimorto e de Arzúa.

A Garda Civil. GARDA CIVIL
A Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta