Temas: DATOS PARO EMPREGO

O paro baixa en 1.526 persoas en febreiro, por encima da media estatal

No conxunto do Estado, o número de parados baixou en 7.806 en febreiro (-0,2%).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2020 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 1.526 persoas o pasado febreiro en Galicia en relación co mes anterior, o que supón un unha baixada do 0,91%. Deste xeito, o descenso do desemprego é mellor que na media española (-0,24%).

Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social, o paro rexistrado en Galicia no segundo mes de 2020 alcanza en total a 166.229 persoas. Así, son 7.480 menos con respecto ao mesmo mes de 2019 (-4,31%).

No conxunto do Estado, o número de parados baixou en 7.806 en febreiro (-0,2%), o seu maior descenso neste mes desde 2017, cando retrocedeu en algo máis de 9.300 persoas.

Variación do paro rexistrado en Galicia, con datos actualizados a febreiro de 2020.. EPDATA
Variación do paro rexistrado en Galicia, con datos actualizados a febreiro de 2020.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Temas: DATOS PARO EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e agora quen se vai colgar a medalla... Yolanda ou Feijoo ? Unha baixada do 0,91% quere dicir que nin siquera 1 de cada 100 parados atopou un emprego no segundo mes do ano ? Como sigamos a este ritmo os únicos que van ter empregos de categoría serán os que viven da política !