Gonzalo Caballero visita Buenos Aires para reunirse cos colectivos da diáspora

Un total de 165.334 galegos residentes en Arxentina están chamados a votar nos comicios autonómicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2020 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia e secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, viaxará este xoves a Buenos Aires, cidade na que se reunirá co presidente de Arxentina, Alberto Fernández.

Segundo avanzou Galiciapress e confirmaron a Europa Press fontes do PSdeG, o aspirante do PSdeG ás eleccións autonómicas tamén manterá reunións con colectivos da diáspora e visitará entidades como o Centro Galego de Buenos Aires.

A visita do xefe de filas dos socialistas galegos a Buenos Aires coincide coa precampaña iniciada en Galicia para as eleccións ao Parlamento galego, que terán lugar o próximo 5 de abril.

MÁIS DE 160.000 VOTANTES

En concreto, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), un total de 165.334 galegos residentes en Arxentina están chamados a votar nos comicios autonómicos.

Deste xeito, dos 462.443 residentes no estranxeiro, o país que máis achega é Arxentina, seguida de Brasil (42.963), Cuba (41.756), Uruguai (36.859), Suíza (33.421), Venezuela (29.198), Estados Unidos (19.716), Francia (16.975), Alemaña (14.807), Reino Unido (13.069) e México (12.456).

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta