Persoal do Hospital Quirónsalud da Coruña esixe melloras salariais e laborais

O hospital "sofre desde hai tempo un déficit estrutural de persoal en todas as categorías", segundo informa a CIG.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/03/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Traballadoras e traballadores do Hospital Quirónsalud da Coruña iniciaron este martes un calendario de mobilizacións para esixir melloras retributivas e que se reforcen os cadros de persoal, segundo informa a CIG.

Nun comunicado, explica que o persoal demanda tamén "rexeitar a discriminación salarial que está a aplicar a empresa en determinadas categorías nun intento de evitar a fuga de profesionais".

Respecto diso, sinala que o hospital "sofre desde hai tempo un déficit estrutural de persoal en todas as categorías", o que vincula coas "condicións laborais e salariais" dos traballadores.

A CIG apostila que a empresa propuxo aos traballadores "abonar un plus fóra de convenio a determinadas categorías nas que estaba a quedar sen traballadores", pero engade que esta proposta "non soluciona os problemas reais do hospital". Tamén sostén que crea "discriminación salarial e incrementa o malestar do persoal".

Concentración de traballadores do Hospital Quirónsalud da Coruña.  CIG
Concentración de traballadores do Hospital Quirónsalud da Coruña. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta