'A causa das mulleres': cen artigos de Xosé Manuel Sarille ao redor da loita feminista

O xornalista vén de sacar un libro no que recolle os seus artigos publicados nos medios de comunicación, entre eles Galicia Confidencial, dende o 2004 ata agora.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O xornalista e escritor galego Xosé Manuel Sarille vén de sacar do prelo o libro 'A Causa das Mulleres', un recompilatorio de textos publicados en varios medios de comunicación, entre eles, Galicia Confidencial. 

A capa e contracapa do libro 'A causa das mulleres'
A capa e contracapa do libro 'A causa das mulleres' | Fonte: Xosé Manuel Sarille

Todos estes artigos de opinión, escritos dende o 2004 e ata a actualidade, versan sobre "a causa das mulleres, a condición masculina e outros temas convencionalmente próximos aos anteriores", explica o seu autor. En total, suman case cen textos que deixan entrever as liñas temáticas persistentes da súa obra xornalística.

"Ás veces diverxe das liñas predominantes do feminismo, tamén das rutinas pouco sólidas, pero sempre desde o feminismo, sendo home, pois acompañei a loita das mulleres durante case medio século, procurando resituarme a medida que o vínculo entre os sexos se ía transformando", avanza Sarille ao redor de 'A Causa das Mulleres'.

Segundo explica, o libro busca a polémica. No cartón de visita que o acompaña apúntase que pretende ser un instrumento contra a trata de brancas e favorable a abolir a prostitución. De moi boa factura gráfica, deseñado por Rinoceronte e publicado por Candeia Editora,

aparece en edición non comercial. As persoas que desexen lelo pódeno solicitar, sen custo

ningún e ata que se esgoten os exemplares, a través do Facebook do autor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta