Aitor Esteban (PNV) e Ana Pontón conversarán sobre financiamento autonómico en Santiago

Terá lugar Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o vindeiro xoves 12 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2020 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O deputado do PNV Aitor Esteban e a candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, conversarán en Santiago de Compostela, o vindeiro xoves día 12, sobre o modelo de financiamento autonómico nun acto que organiza a Asociación Cultural O Galo, vinculada ao nacionalismo galego.

Fontes nacionalistas confirmaron a Europa Press a presenza do portavoz do PNV no Congreso, que xa visitou Galicia en pasadas ocasións, como maio de 2019, con motivo das eleccións municipais e europeas nas que a formación nacionalista vasca se aliou con Compromiso por Galicia.

De feito, o PNV afianzou electoralmente nos últimos anos a súa relación con esa formación política galega, que aínda que tamén experimentou cambios nos últimos anos, no seu día naceu dunha escisión do BNG. Con todo, o PNV foi socio do BNG, xunto á antiga CiU, en tempos pasados e foron xuntos a contendas electorais como as europeas de 2004, na época da alianza coñecida como Galeuscat.

Hai que remontarse a finais da primeira década dos anos 2000 para ter unha das últimas fotos dese tres formacións políticas xuntas, que na segunda década deste século seguiron camiños diferentes. De feito, o BNG afastouse das formacións de dereita e reforzou as súas alianzas con Esquerra Republicana de Catalunya (coa que, por exemplo, concorreu nas últimas eleccións europeas), á vez que acrecentou o seu discurso soberanista.

CHARLA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Así as cousas, o modelo de financiamento autonómico e o concerto vasco serán motivo da conversación que protagonizarán ambos os políticos nacionalistas na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o vindeiro xoves 12 de marzo, ás 18,00 horas.

O BNG reclamou de forma recorrente nos últimos anos, e así o incluíu nos seus programas electorais, un modelo similar para Galicia, co fin de que a autonomía teña autonomía fiscal e xestione con impostos propios os recursos xerados no país. Fronte a un modelo, argumenta, que "fai dependentes das transferencias do Estado" ás autonomías, en palabras do que foi candidato do BNG á Xunta en 2012, Francisco Jorquera.

Ademais, Ana Pontón non é a primeira vez que se fixa no País Vasco para que Galicia trate de reflectirse no seu espello e tome nota do concerto económico. Así por exemplo, hai agora un ano --e noutras ocasións--, a portavoz nacional do BNG pedía ao Goberno galego "aprender do nacionalismo vasco" sobre como manter un sistema de saúde pública de "calidade" e apelaba a que era "posible en gran parte porque Euskadi ten un concerto económico para financialo".

Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta e portavoz nacional nun acto de presentación da cabeza de lista ás eleccións autonómicas
Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta e portavoz nacional nun acto de presentación da cabeza de lista ás eleccións autonómicas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Casilda

Pois Ana Pontón tamén lle pode preguntar ao do PNV como os do seu partido se conseguen sentar na cadeira do consello de administración de Iberdrola e calan a estafa que esta mafiosa eléctrica practicou cos seus clientes (polo que xa foi condenada) e pola súa propaganda agresiva (quitaron os que ían polas portas enganando aos menos informados, os máis necesitados, e agora fano co telemarketing). Igual o que lle quitan a Madrid logo vai parar aos bolsos do empresario amigo roubado da xente máis necesitada. E tamén, que pregunte como é que o PNV segue desde o goberno basco financiando aos colexios do OPUS que adoutrinan e segregan por sexo. Logo, se lle queda tempo, pode preguntar pola corrupción, sempre falada e agora xa demostrada, do honorable PNV, ou pola xestión dos residuos...

1 Bernal Calvo Delaciga

Desde hai anos, o modelo no que se inspira o BNG é o autonomismo dereitista do PNV, e xa nin se molestan en disimulalo.