O Colexio de Xornalistas lamenta o recurso do Goberno contra a indemnización á familia Couso

Sinala que o fallo da Audiencia Nacional supuxo a "primeira admisión oficial da familia Couso" e o recoñecemento da "inacción da Administración" ante o asasinato do xornalista galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2020 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O Colexio de Xornalistas de Galicia lamentou profundamente a decisión do Goberno español de recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza da Audiencia Nacional que condena ao Estado a pagar unha indemnización á familia de José Couso.

Nun comunicado, o colexio sinala que o fallo da Audiencia Nacional supuxo a "primeira admisión oficial da familia Couso" e o recoñecemento da "inacción da Administración" ante o asasinato do xornalista galego.

"Pero non podía significar nin o esquecemento deste crime de guerra nin o abandono da loita por que se faga xustiza e teña reparación", sostén o Colexio de Xornalistas de Galicia. Engaden que o recurso supón "un novo atranco nun proceso que leva durando demasiados anos".

O colexio critica que a ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, asegurase que asumir a indemnización ordenada pola Audiencia Nacional significaría un precedente inasumible para o Estado. "O verdadeiramente inasumible é que, despois de 17 longos anos, o asasinato de José Couso continúe impune e que a investigación deste crime siga estando cheos de estorbos e pasos atrás que o único que fan é impedir que se faga xustiza", indica.

"A loita pola resolución e a reparación do caso Couso, que o Colexio de Xornalistas acompaña agora e sempre, significa moito máis que a xustiza para o asasinato do cámara ferrolán. O seu recoñecemento representa un primeiro paso para a seguridade de todos os xornalistas nos conflitos armados", indica.

José Couso. CEDIDA - Arquivo
José Couso. CEDIDA - Arquivo

MINISTRO DO INTERIOR

Pola súa banda, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, dixo este mércores que non lle corresponde como membro do Goberno dicir se se debe recorrer a sentenza da Audiencia Nacional, porque é algo que deben decidir os "órganos competentes". "Son membro do Goberno de España e deixemos que sexan os órganos competentes os que decidan respecto diso", expresou en declaracións á prensa en Bruxelas, ao ser preguntado pola súa opinión. O ministro respondeu ata en tres ocasiones que son os organismos "adecuados" e "competentes" quen deben tomar a decisión final e eludiu así ofrecer a súa valoración. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta