Temas: GALICIA

Os empregados a tempo parcial que quererían traballar máis horas supoñen o 8,3% dos ocupados

Adecco explicou que en toda España son 1,8 millóns os traballadores, o 8,8% dos ocupados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Entre os empregados galegos, un 8,3% traballa a tempo parcial e querería facelo máis horas, pero non atopa onde. Este dato, rexistrado no último trimestre de 2019, diminuíu nun 0,5% con respecto ao rexistrado hai un ano e é o menor obtido na Comunidade desde 2018.

Así o indicou un estudo elaborado por Adecco Group Institute, realizado coa a colaboración cos investigadores de Barceló e Asociados, para centrarse en como evolucionou a situación deste tipo de ocupados no último ano.

O documento sinala que Galicia é a quinta comunidade con menor número de persoas que queren empregarse máis e non poden, por detrás de Baleares (4,7%), Cataluña (7,2%), Canarias (7,3%), e País Vasco, co que está empatado cun 8,3%.

Adecco explicou que en toda España son 1,8 millóns os traballadores, o 8,8% dos ocupados, que computan menos horas que nunha xornada laboral completa e queren traballar máis horas, pero non atopan onde.

O centro de estudos subliñou que o número de persoas nesta situación diminuíu neste último trimestre de 2019 en todas as autonomías, algo que non ocorría desde marzo de 2017. "Esta proporción continúa reducíndose grazas á recuperación económica e do emprego", destacou.

Camareiro traballando
Camareiro traballando

Temas: GALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta