Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/03/2020 | Actualizada ás 14:52
Un home duns 40 anos de orixe galega, Alberto Mozas Fornos, faleceu este mércores tras recibir varios disparos en Zapopan, no Estado de Jalisco (México).
En concreto, a morte deste home, cuxo pai residía en Beariz (Ourense) desde hai varios meses, tivo lugar no exterior do Hotel Porta do Sol, segundo detallou en declaracións a Europa Press o rexedor da localidade galega, Manuel Prado. Este home residía desde hai tempo en México, onde, xunto a varios socios, rexía o establecemento xunto ao que recibiu os disparos que causaron o seu falecemento.
Medios locais apuntaron que un home vestido con roupa escura disparou a este home cando se dirixía á súa camioneta e, posteriormente, abandonou o lugar. Ademais, detallaron que este home xa recibira ameazas con anterioridade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.