Feijóo: "Prefiro parecerme a Gallardón e non a Gonzalo Caballero"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Gonzalo Caballero, asegurou este xoves que el prefire "parecerse" ao exministro de Xustiza Alberto Ruiz-Gallardón que ao candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero.

Así se pronunciou, ao termo do Consello da Xunta, tras ser preguntado polas declaracións de Caballero, quen o acusou de ser "un Gallardón" que trata de "aparentar ser de centro".

"Entre Gallardón e Gonzalo Caballero comprenderá que hai unha distancia sideral. E eu prefiro parecerme a Gallardón e non a Caballero. Hai unha diferenza notable, notoria e contrastada", sentenciou, antes de remarcar que "non é a primeira vez" que o socialista fai unha afirmación deste tipo.

"Pensei que podía haber algunha noticia. Dio con frecuencia", suliñou, antes de concluír: "Parézome a Gallardón en bastantes cousas, empezando polo nome. Despois cada un ten os seus propios apelidos e a súa propia orixe".

Feijóo, tras o Consello da Xunta. Xunta de Galicia
Feijóo, tras o Consello da Xunta. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chegoulle a hora

Xa, por iso tanta xente imos votar a Caballero e Pontón, para que vostede non poda facer corrupción xeneralizada, malversación de fondos públicos, soborno, nepotismo, etc...como fixo o seu PartidoPodrido e máis o do Gallardón. Nese sentido vostede e Gallardón teñen en común a súa falsa apariencia de moderación como sabemos todos os que seguimos as súas andanzas.