Temas: 8M FOLGA XUNTA CUT

Denuncian que os servizos mínimos postos pola Xunta para a folga do 8M son "abusivos"

A CUT critica, ademais, que non os desagregaron por xénero, algo "imprescindible" neste caso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A Secretaría das Mulleres da Central Unitaria de Traballadoras (CUT) denunciou que os servizos mínimos postos pola Xunta para a folga do 8M son "abusivos" e non os desagregaron por xénero, algo "imprescindible" neste caso.

A praza Maior de Verín encheuse de manifestantes no acto que precede o 8M
A praza Maior de Verín encheuse de manifestantes no acto que precede o 8M | Fonte: Galiza Nova.

Segundo sinalou o sindicato, o pasado mes mantiveron unha reunión do comité de folga co Goberno galego para fixar estes servizos de cara ao Día da Muller Traballadora, pero o encontro acabou "sen acordo".

A CUT, Sindicato Labrego e Sindicato Ferroviario-Intersindical foron os únicos sindicatos convocantes de folga 24 horas. Segundo este sindicato, está "exclusivamente dirixida" a mulleres para o 8M, pois "non existiu un acordo unánime" en Galicia.

Así, a CUT explicou que os servizos mínimos propostos pola Xunta non foron modificados tras o encontro. Para elas, son unha "tomadura de pelo" en casos como o das residencias públicas de maiores, xa que "van traballar máis persoas este 8M que outro domingo".

"Ou os servizos mínimos son claramente abusivos ou o resto dos días non cumpren coa legalidade explotando as traballadoras e descoidando a función social das residencias, non hai terceira opción", destacou.

O sindicato insistiu en que o Goberno galego "ten todos os domingos do ano" ás empregadas en "absolutos mínimos". Por esta situación, "reivindican con máis forza" a folga feminista.

Temas: 8M FOLGA XUNTA CUT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta