O comité Isidro 1952 secundará unha concentración tras o anuncio de cesamento definitivo da actividade

Será fronte ao Edificio Administrativo de Monelos.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/03/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O comité da pesqueira coruñesa Isidro 1952 convocou unha concentración este venres, ante o Edificio Administrativo de Monelos, tras comunicar o administrador concursal "o cesamento definitivo da actividade", segundo informa a CIG.

Protesta ante a sede de Isidro 1952 en Cambre. CIG
Protesta ante a sede de Isidro 1952 en Cambre. CIG

A mobilización será, a partir das 11,30 horas, en defensa dos seus "dereitos" e para esixir á Xunta de Galicia "que actúe para evitar o peche definitivo desta industria, punteira no sector da cría e transformación de produtos do mar", engade a central sindical.

Ademais, lembran que nesta empresa investíronse "máis de 20 millóns de euros públicos". En canto á concentración, explican que xa estaba programada antes de comunicar o administrador concursal "o cesamento definitivo da actividade".

"E formular un ERE de extinción para o persoal non incluído no primeiro expediente", apunta sobre unha decisión que causou un profundo malestar entre os traballadores, "que seguen sen cobrar os seus salarios", engade. Por outra banda, critican que a decisión se adopte "cando se están realizando nas piscifactorías e na planta de Cambre visitas de posibles compradores ou grupos investidores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta