"Queren facer pasar por verdugos aos defensores da lingua"

Xuízo contra 12 independentistas por organizar unha contramanifestación á marcha de Galicia Bilingüe de 2009. Contan co apoio de AGE e do BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2012 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Un total de 12 independentistas --a maioría deles afiliados a Causa Galiza e a Nós-UP-- serán xulgados a vindeira semana por organizar unha contramanifestación a unha marcha de Galicia Bilingüe en 2009. Un proceso que os afectados cualifican de "conflito político".

Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López
Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López

A fiscalía pide para estes 12 mozos máis de 45 anos de prisión e máis de 36.000 euros por desorde pública e agresión á autoridade. "E iso por facer unha manifestación contra Galicia Bilingüe polo seu odio cara ao galego", suliñou este xoves en rolda de prensa unha das persoas que será xulgada, Aurelio López, de Causa Galiza e colaborador de Opinión do GC.

"Só por falar galego"

"Decenas de galegos entendemos que era unha provocación grandísima e quixemos manifestar a nosa desconformidade", explicou, e sinalou que se produciron "cargas" e a Policía identificou a varias persoas, algunhas delas "só por falar galego".

Por iso, entende que este proceso, obedece a un interese por "facer pasar por verdugos aos defensores da lingua". "E 12 persoas podemos entrar en prisión por defender o galego", engadiu.

Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá
Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá

"Cuestión política"

Os procesados están convencida de que este xuízo trátase dunha "cuestión política" enmarcado no "proceso de involución de liberdades democráticas" que vive Galicia "nos últimos meses". "Os cidadáns deste país que defendemos a nosa lingua estamos sentados no banco dos acusados", explicou Xoán Pérez Lourenzo, que acusou ao actual Goberno da Xunta de "política de lingüicidio".

A esta rolda de prensa acudiron, en sinal de apoio Cristina Amor, por parte de Alternativa Galega de Esquerda, e Bieito Lobeira, por parte do BNG.

O xuízo comezará o martes, día 23, ás 9.30, coa declaración dos acusados. O día 25 está previsto que declaren os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, mentres que o día 26 será a quenda das testemuñas da defensa e da acusación, entre eles, explicaron desde Causa Galiza, membros da Falanxe e Rosa Díez, de UPyD.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

25 Lucense

Breves reflexões sobre terrorismo toponímico: http://www.nabarralde.com/es/eztaba...

24 Ronsel

Curioso. Se cadraba que te atopabas pola zona velha, melhor che era falar en espanhol xa que por automatismo, a policía pedia os documentos aos galegoparlantes e nom aos castelanfalantes.

23 Liberdade de expresión

O vídeo con información e links ao que se fai referencia en varios comentarios está en youtube co titulo: 8-F. Sem censura nem manipulaçom

22 Vekenvauer

En efecto el fascismo es una mezcla de ultranacionalismo romántico - Volksgeist herderiano - y de colectivismo, por eso sólo un analfabeto puede llamar fascista a un liberal, que es lo más opuesto que hay a un fascista. En este sentido, si hay un ejemplo con todas las características de un grupo fascista es...¡Causa Galiza! Y el tal Aurelio es un paradogma del militante fascista. Es de manual el pobre, aunque como es tan analfabeto no sabe qé es eso que dice más odiar. No le falta de na a este pobre energúmeno descerebrado. De la misma manera que son partidos de carácter fascista Amaiur, la UPG, ERC y otros por el estilo ¡Hala, a estudiar! Y algunos igual tiene tiempo en la trena.

1 límico

Vós si sodes intelixentes. Agora viviremos en "Ordeñaba", "Puero del Sonido", "El Roblecillo", "Puerto Nuevo" "San Ginés", "La Calle", "El Porrito","Puente Calentitas","El Barrizal".... Coido que quen tedes que culturizarvos sodes os nacionalistas españois. Podedes empezar obrigando a Gloria Lago a dar as súas clases no IES San Tomé de Vigo,(xa que non o fai Inspección), en vez de recorrer os platós pagados pola extrema dereita. ¡ADIANTE PATRIOTAS GALEGOS!

2 Hermerico

Os partidos de esquerda tanto social-democrata como revolucionários seriam fascistas, e por contra PP, UPyD, ou Falange seriam democráticos. Está claro.

21 Vekenvauer

Para desasnar a algunos les diré que provoca hilaridad que se llame fascista a quien defiende que se pueda elegir libremente la lengua en la enseñanza y a quien niega legitimida a los poderes públicos para legislar sobre cuál debe ser la lengua o la identidad cultural de los ciudadanos. Hay que ser muy burro para no enteder esto. El fascismo es contrario a este derecho y aboga porimponer a todos la que cree que es la "verdadera" lengua de ese pueblo, y que consideran que emana de la tierra.

1 Lusófon@

Muito falas sobre fascismo, mas esqueces a verdadeira natureza e intenção do movimento que supuestamente defende livre escolha da língua de ensino. Talvez por ingênuidade, talvez por ignorância, talvez por simples prepôtencia, deixas de considerar que o objetivo do suposto "biligüismo" é alcançar a imposição soberana do castelhano sobre a língua histórica, nativa e real, dessa nação que defende o seu idioma e identidade. Muito aconselhas o estudo, pois o mesmo digo, entretanto, se buscas imparcialidade e argumentos que justifiquem a sua opinão, evite utilizar uma mistura de wikipédia e intereconomia como fonte informativa. Imagino que foste capaz de entender com distinta claridade este comentário, isto é graças ao galego. E no caso de nao haver entendido, a estudar, galego!