"Queren facer pasar por verdugos aos defensores da lingua"

Xuízo contra 12 independentistas por organizar unha contramanifestación á marcha de Galicia Bilingüe de 2009. Contan co apoio de AGE e do BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2012 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Un total de 12 independentistas --a maioría deles afiliados a Causa Galiza e a Nós-UP-- serán xulgados a vindeira semana por organizar unha contramanifestación a unha marcha de Galicia Bilingüe en 2009. Un proceso que os afectados cualifican de "conflito político".

Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López
Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López

A fiscalía pide para estes 12 mozos máis de 45 anos de prisión e máis de 36.000 euros por desorde pública e agresión á autoridade. "E iso por facer unha manifestación contra Galicia Bilingüe polo seu odio cara ao galego", suliñou este xoves en rolda de prensa unha das persoas que será xulgada, Aurelio López, de Causa Galiza e colaborador de Opinión do GC.

"Só por falar galego"

"Decenas de galegos entendemos que era unha provocación grandísima e quixemos manifestar a nosa desconformidade", explicou, e sinalou que se produciron "cargas" e a Policía identificou a varias persoas, algunhas delas "só por falar galego".

Por iso, entende que este proceso, obedece a un interese por "facer pasar por verdugos aos defensores da lingua". "E 12 persoas podemos entrar en prisión por defender o galego", engadiu.

Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá
Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá

"Cuestión política"

Os procesados están convencida de que este xuízo trátase dunha "cuestión política" enmarcado no "proceso de involución de liberdades democráticas" que vive Galicia "nos últimos meses". "Os cidadáns deste país que defendemos a nosa lingua estamos sentados no banco dos acusados", explicou Xoán Pérez Lourenzo, que acusou ao actual Goberno da Xunta de "política de lingüicidio".

A esta rolda de prensa acudiron, en sinal de apoio Cristina Amor, por parte de Alternativa Galega de Esquerda, e Bieito Lobeira, por parte do BNG.

O xuízo comezará o martes, día 23, ás 9.30, coa declaración dos acusados. O día 25 está previsto que declaren os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, mentres que o día 26 será a quenda das testemuñas da defensa e da acusación, entre eles, explicaron desde Causa Galiza, membros da Falanxe e Rosa Díez, de UPyD.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

20 Lucense

Os fachas espanholistas nem sequer lembram que som herdeiros de Hitler e Mussolini, sem os quais dificilmente teriam ganhado a sua guerra de extermínio. Comprovai como se relambiam de alegria nos seus meios de intoxicaçom o dia seguinte de começar a Segunda Guerra Mundial e a quem dedicavam a portada de um dos seus libelos nojentos: http://hemeroteca.abc.es/nav/Naviga...

1 Vekenvauer

Lucense, no demuestres lo analfabeto que eres. Si hay algo a lo que se parece lo que defienden estos "heroes" son las leyes de italianización de Mussolini. Baata cmabiar la palabra Otalia por Galicia y la palabra italiano por gallego. Si odias a los fascistas empieza por colgarte de una viga, so ceporro. Tú eres el prototipo de fascista. A los facista no les gusta que la gente pued elegir. Son como tú: son de esos de "na Galiza só en galego". En efecto, el fascismo es realmente de asco.

2 Lucense

Com efeito, essas leis som as equivalentes das que obrigarom a castelhanizar os nossos topónimos *(El Grove, la grela, El Niño de la Guía, Freijeiro, Noya) e que nos impedirom até ter os nossos nomes na nossa Língua. Percebes, paifoco espanholista das silveiras? Gostache da capa do AnalfaBC?

19 anonimo

Os esperan unos años a la sombra fascistas talibanes. Ahora ajo y agua, ganan los buenos, dales caña Gloria, tiene suena memoria, cuéntalo todo en el juicio y que los metan en el trullo.

1 Hermerico

Porqué os fachas espanholistas insistides em chamar fascistas aos que se vos oponhem. Porque renunciades (aparentemente) à vossa identidade e tradiçons?

18 Ricardo Reis

Esta xente ten un problema cando se valora: confunden defensores con enterradores. O único que fan é prenderlle lume ó traballo calado e sentido dos que mantiveron, mantivemos, o galego durante anos e anos. Agora sí, acaparando todo o protagonismo que poden. ¡Pobre país!

1 Farto de mentiras

Se a Mesa tivese convocado unha concentración pacífica en Compostela nese día, eu iría encantado... mais non o fixo!

2 Hermerico

A táctica do apaciguamento nom funciona (ou a do avestruz). Quando o fascismo está tam crecido há que lhe plantar cara, senom avança sem oposiçom, como a história demostra.

3 Prisciliano

Os que rebentaban manifestacións alleas eran os fascistas, so ignorante. O fascismo sodes vós

4 Hermerico

És igual que os tertulianos das TV,s fascistas, dezindo que som fascistas os que se oponhem ao avanço do fascismo. E nom emporques o nome desse galego de adopçom com o teu discurso upeideiro

5 Prisciliano

Cantos anos tes rapaz?¿Cual é o teu nivel de estudos? Máis que fascista pareces un nacionalsocialista camisa parda e ademais ben analfabeto. Maniféstate cando te da gana cos teus camaradas, pero deixa os demais que se manifesten cando lles apeteza.

6 ten razón ricardo

sí, tes toda a razón. grazas as súas accións os catro gatos que forón a manifestacción de GB poderonse presentar coma vítimas e amplificar as súas mensaxes.

7 ten razón ricardo

sí, tes toda a razón. grazas as súas accións os catro gatos que forón a manifestacción de GB poderonse presentar coma vítimas e amplificar as súas mensaxes.

8 Hermerico

Puderom-se apresentar de vítimas diante de quem? Dos idiotas que engulem as verdades oficiais? Nom aprendedes, nom se pode apaciguar o fascismo, ou se enfrenta ou avança. Se os fascistas querem fazer-nos desaparecer como povo vam ter que pagar um preço, como todo ocupante num pais ocupado. Olha a Irlanda, 800 anos de ocupaçom e ainda lhes falta um anaco.

9 Hermerico

Upeideiro, pergunta por mim ao teu braço armado.

16 Galego

O velho que apresentou La Voz de Galicia como agredido foi em realidade agressor (co mango dum guardachuvas) que se mancou ao perder o equilíbrio depois de malhar em vários "contramanifestantes" entre eles um moço de Ourense perante umha total passividade policial (o moço foi, paradoxalmente, detido). Ouvim dizer que é um idoso falangista moi conhecido em Castro de Rei (Terra-Chã), mais nom o podo confirmar.

1 meparto

jajajajajajajajajjajaja méxome da risa

2 Farto de mentiras

http://www.youtube.com/watch?v=4-hb... Olla o vídeo enteiro, le as informacións, sigue os links que aínda traballan e cala, pas-pán!

3 Manolo2

Sí, y las botellas no eran lanzadas por Aurelio y sus chicos. Ocurrió que las botellas cobraron vida e inexplicablemente agarraron a los pacíficos defensores de la lengua volteándolos violentamente. Sin duda que las botellas habían sido embrujadas por los de GB

4 Pili

"os pacíficos defensores da lingua" son os rapaces que van ser xulgados. O outro eran lesmas con sede de xenocidio cultural.

5 Farto de mentiras

Es xordo, cego ou non sabes ler? Respondeuse á violencia policial con violencia proporcional, ningún manifestante foi agredido, a ningún manifestante se lle tirou obxecto ningún, contra o único que se atentou foi contra a parte da pancarta que, hipocritamente, estaba escrita en galego. Lexítima defensa. Punto e final.

6 Hermerico

A defesa nom foi proporcional, foi muitíssimo inferior às agressons sufridas até o momento, durante e depois de que se iniciasse.