"Queren facer pasar por verdugos aos defensores da lingua"

Xuízo contra 12 independentistas por organizar unha contramanifestación á marcha de Galicia Bilingüe de 2009. Contan co apoio de AGE e do BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2012 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Un total de 12 independentistas --a maioría deles afiliados a Causa Galiza e a Nós-UP-- serán xulgados a vindeira semana por organizar unha contramanifestación a unha marcha de Galicia Bilingüe en 2009. Un proceso que os afectados cualifican de "conflito político".

Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López
Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López

A fiscalía pide para estes 12 mozos máis de 45 anos de prisión e máis de 36.000 euros por desorde pública e agresión á autoridade. "E iso por facer unha manifestación contra Galicia Bilingüe polo seu odio cara ao galego", suliñou este xoves en rolda de prensa unha das persoas que será xulgada, Aurelio López, de Causa Galiza e colaborador de Opinión do GC.

"Só por falar galego"

"Decenas de galegos entendemos que era unha provocación grandísima e quixemos manifestar a nosa desconformidade", explicou, e sinalou que se produciron "cargas" e a Policía identificou a varias persoas, algunhas delas "só por falar galego".

Por iso, entende que este proceso, obedece a un interese por "facer pasar por verdugos aos defensores da lingua". "E 12 persoas podemos entrar en prisión por defender o galego", engadiu.

Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá
Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá

"Cuestión política"

Os procesados están convencida de que este xuízo trátase dunha "cuestión política" enmarcado no "proceso de involución de liberdades democráticas" que vive Galicia "nos últimos meses". "Os cidadáns deste país que defendemos a nosa lingua estamos sentados no banco dos acusados", explicou Xoán Pérez Lourenzo, que acusou ao actual Goberno da Xunta de "política de lingüicidio".

A esta rolda de prensa acudiron, en sinal de apoio Cristina Amor, por parte de Alternativa Galega de Esquerda, e Bieito Lobeira, por parte do BNG.

O xuízo comezará o martes, día 23, ás 9.30, coa declaración dos acusados. O día 25 está previsto que declaren os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, mentres que o día 26 será a quenda das testemuñas da defensa e da acusación, entre eles, explicaron desde Causa Galiza, membros da Falanxe e Rosa Díez, de UPyD.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

15 Manolo2

Aurelio, no te pongas nervioso y explica que hacías con la botella. ¿Era para consumo personal y ya la habías gastado o es que estabas haciendo prácticas para encestarla en el contenedor de reciclaje? Luego hablamos de tus mordiscos. Segundo 38 http://www.youtube.com/watch?v=M0k_...

1 Hermerico

Esplicamos ti que faziam os terroristas com os cacetes e as espingardas e porque começárom as agressons.

2 Prisciliano

Os únicos terroristas que había por alí eran os que tiraban botellas. O resto eran cidadáns coas súas familias convocados por unha manifestación legal. Polo medio había funcionarios policiais dedicados a protexer a liberdade e o exercicio de dereitos que fascistas como o teu querían impedir

3 Hermerico

Nom , havia um fato de espanjóis e colaboacionistas, que como apoio do seu braço armado, exigiam a asimilaçom total deste país ocupado. E tam pronto advertírom a presença de pessoas que nom eram nacionalistas espanhóis, começárom a bater. "funcionários policiais", que aséptico

4 Hermerico

E as garrafas fôrom lançadas como defesa após as insistentes agressons dos terroristas, torturadores, assassinos. E nom passes o trabalho de escrever na nossa língua, que percebemos línguas extranxeiras

14 Galego

A montagem e ediçom de vídeos fai milagres, mais a crónica fotográfica de #3 e #5 é linear cronologicamente e deveria ser parte da defesa no juízo-farsa contra os realmente agredidos (todos os galegos bons e generosos, também os acusados) polos falangistas, nacional-católicos pepeiros, neofalangistas de UPyD (verbalmente), e ultraviolentos policías nacionales (fisicamente).

13 lugo

¿Será a contrapartida a esta nova a presenza de Bieito Lobeira na foto?: http://www.sermosgaliza.com/artigo/...

1 informe

Tambem ha encausados xente do BNG

12 Galego

A montagem e ediçom de vídeos fai milagres, mais a crónica fotográfica de #3 e #5 é linear cronologicamente e deveria ser parte da defesa no juízo-farsa contra os realmente agredidos (todos os galegos bons e generosos, também os acusados) polos falangistas, nacional-católicos pepeiros, neofalangistas de UPyD (verbalmente), e ultraviolentos policías nacionales (fisicamente).

11 Indignado

Que bonito é dicir que todolos partidos son a mesma merda, onde están os do PSOE e o PP, vesevos o plumeiro, cando vedes que podedes ir ao caldeiro chamades ao BNG e a AGE para ver se vos baixan a condena. O que non sei e para que van Bieito Lobeira e Cristina Amor a esta tontería.

1 Hermerico

Pois pergunta-lho