"Queren facer pasar por verdugos aos defensores da lingua"

Xuízo contra 12 independentistas por organizar unha contramanifestación á marcha de Galicia Bilingüe de 2009. Contan co apoio de AGE e do BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2012 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Un total de 12 independentistas --a maioría deles afiliados a Causa Galiza e a Nós-UP-- serán xulgados a vindeira semana por organizar unha contramanifestación a unha marcha de Galicia Bilingüe en 2009. Un proceso que os afectados cualifican de "conflito político".

Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López
Rolda de prensa dalgúns dos independentistas de Causa Galiza implicados. En primeiro plano, Aurelio López

A fiscalía pide para estes 12 mozos máis de 45 anos de prisión e máis de 36.000 euros por desorde pública e agresión á autoridade. "E iso por facer unha manifestación contra Galicia Bilingüe polo seu odio cara ao galego", suliñou este xoves en rolda de prensa unha das persoas que será xulgada, Aurelio López, de Causa Galiza e colaborador de Opinión do GC.

"Só por falar galego"

"Decenas de galegos entendemos que era unha provocación grandísima e quixemos manifestar a nosa desconformidade", explicou, e sinalou que se produciron "cargas" e a Policía identificou a varias persoas, algunhas delas "só por falar galego".

Por iso, entende que este proceso, obedece a un interese por "facer pasar por verdugos aos defensores da lingua". "E 12 persoas podemos entrar en prisión por defender o galego", engadiu.

Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá
Rolda de prensa de Causa Galiza este sábado canda membros da esquerda nacionalista vasca e catalá

"Cuestión política"

Os procesados están convencida de que este xuízo trátase dunha "cuestión política" enmarcado no "proceso de involución de liberdades democráticas" que vive Galicia "nos últimos meses". "Os cidadáns deste país que defendemos a nosa lingua estamos sentados no banco dos acusados", explicou Xoán Pérez Lourenzo, que acusou ao actual Goberno da Xunta de "política de lingüicidio".

A esta rolda de prensa acudiron, en sinal de apoio Cristina Amor, por parte de Alternativa Galega de Esquerda, e Bieito Lobeira, por parte do BNG.

O xuízo comezará o martes, día 23, ás 9.30, coa declaración dos acusados. O día 25 está previsto que declaren os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, mentres que o día 26 será a quenda das testemuñas da defensa e da acusación, entre eles, explicaron desde Causa Galiza, membros da Falanxe e Rosa Díez, de UPyD.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

10 GZ em galego!

A internacionalmente conhecida por hiperviolenta Polícia Espanhola, nom som os manifestantes, nom vos enganedes; apenas se respondeu à violência policial. Mais nada

9 Brutalidade policial

O da Policía naquela manifestación foi de Xulgado de Garda. Axentes vindos de todas as partes do Estado mallando cunha brutalidade sádica. Afortunadamente hai centos de vídeos na rede que o corroboran, e non é só a invención de "catro radicais". Alguén sabe onde vai ser o xuízo? Nos Xulgados de Fontiñas?

8 Manolo2

Segundo 38: ahí tenemos pruebas de como Aurelio se dedica a tirar botellas contra la Policía (curiosa "defensa" del gallego). Hala rapaz, apechuga con las consecuencias y no te acojones: http://www.youtube.com/watch?v=M0k_...

1 Hermerico

"Acojonado" sim estarias ti sem o teu braço armado, que fai mais que atirar objectos.

7 pois é!

Muito animo ao julgados. Estamos com eles.

6 Manolo2

Hala niñatos, explicad esta defensa de la lengua: http://comunidad.laopinioncoruna.es...

1 Hermerico

Sim, um dia vós e o vosso braço armado teredes que dar explicaçons polas vossas agressons desse dia e de sempre para impor a vossa língua extranxeira