Coronavirus: Sanidade reitera que os casos son "importados" e que "o virus non circula por Galicia"

As autoridades din que o "importante" é que se trata aínda dunha "fase de contención".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/03/2020 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

O conselleiro de  Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, insistiron este xoves en que tanto os dous casos que deron positivo por coronavirus como o que continúa pendente dos resultados de Majadahonda son "importados", o que apunta a que o virus "non circula por Galicia".

Coronavirus
Coronavirus | Fonte: diariojuridico.com

Así o explicaron durante unha rolda de prensa convocada para informar do segundo caso positivo en Galicia, o dunha muller que permanece illada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xunto co seu marido, cuxos resultados definitivos espéranse despois dun primeiro positivo na cidade olívica.

Neste sentido, o conselleiro lembrou que España continúa "en fase de contención" do virus, unha "fase inicial" na que "o máis importante é o diagnóstico precoz" e apuntou a que tanto o caso da Coruña como o de Vigo son "importados" de Madrid.

"O virus non está a circular en Galicia", engadiu Xurxo  Hervada, que explicou que o "importante" é que se trata aínda dunha "fase de contención".

Tras "felicitar a todos os equipos" que traballan nas áreas sanitarias na contención desta doenza, que realizan unha " magnifica labor", o conselleiro destacou que, desde a habilitación do numero de información para consultas relacionadas co virus, o 900 400 116, recibíronse "máis de 1.500 consultas" e tomáronse 66 mostras en domicilio.

Os protocolos, explicou o responsable da sanidade galega, actualízanse en coordinación co ministerio e as comunidades, que prevén aprobar mañá un novo protocolo para os profesionais que se vexan afectados e outros para centros educativos e de maiores en caso de detectarse un positivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta