Liam Gallagher, The National, Editors, The Chemical Brothers e Bad Bunny, no cartel do Son do Camiño

O festival celebrarase entre o 18 e o 20 de xuño co cartel "máis ecléctico" dos presentados ata agora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Liam Gallagher, The Chemical Brothers, Editors, Jason Derulo, The National, Bad Bunny ou Daddy Yankee serán algúns dos artistas que participarán, entre o 18 e o 20 de xuño, na terceira edición do festival O Son do Camiño, o cartel "máis ecléctico" dos presentados ata agora.

Presentación do cartel do festival O Son do Camiño
Presentación do cartel do festival O Son do Camiño | Fonte: Europa Press

Así o confirmaron este venres os seus responsables durante a presentación do cartel do evento, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago nun acto no que se anunciou tamén un incremento no aforamento do evento, cuxos abonos se porán á venda ás 14,00 horas do próximo martes, día 10.

A intención este ano foi a de confeccionar un cartel "moi variado", o "máis ecléctico" de todas as edicións deste festival, que abarque distintos tipos de música e "cubra a demanda da maioría do público".

Con iso, durante ese tres días pasarán polo Monte do Gozo de Santiago grupos como The National, Editors ou Foals, na súa primeira visita a Galicia, así como Liam Gallagher, DJ Snake ou The Chemical Brothers e o cantante Jason Derulo, que dará en Compostela o seu único concerto do ano en España.

A música "urbana" tamén estará representada por nomes como Bad Bunny ou Daddy Yankee neste festival, que acollerá as actuacións de artistas nacionais como Miss Cafeína, Carolina Durante ou Kase.O e tendra unha ampla representación de nomes galegos, como os de Xoel López, Guadi Galego, Budiño ou The Killer Barbies.

VIXILANCIA DO CORONAVIRUS

Sobre a posibilidade de que o festival se vexa afectado as recomendacións por mor da alerta por coronavirus —no caso de que se suspendesen eventos de masas—, a Xunta mostrou a súa "confianza no sistema sanitario español" e pediu "prudencia", dado que se trata dun evento que terá lugar dentro de "case catro meses".

"No caso hipotético, e non desexado, de que se manteña ou incremente unha situación que ata o momento é a que é, o dereito dos usuarios está plenamente garantido", dixo o conselleiro Román Rodríguez, que mandou, no entanto, unha "mensaxe de tranquilidade".

Aínda que actualmente o evento planéase sen incidencias e esta posibilidade é "moi remota", explicou que se, finalmente, "non fose posible celebralo", está a traballarse en protocolos relacionados con este tipo de eventos, comúns a toda España, para actuar e, en todo caso, "os dereitos dos usuarios están plenamente garantidos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta