Traballadoras de Pull&Bear protestan na Coruña polas súas condicións laborais

Demandan que se amplíen as xornadas a tempo parcial a 40 horas e que se contrate máis persoal.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/03/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Traballadoras e traballadores de Pull&Bear concentráronse na Coruña, ante a tenda que a cadea ten na praza de Lugo, para demandar que se amplíen as xornadas a tempo parcial a 40 horas e que se contrate máis persoal.

Concentración de traballadores de Pull&Bear en demanda de melloras laborais. CIG
Concentración de traballadores de Pull&Bear en demanda de melloras laborais. CIG | Fonte: Europa Press

"Para afrontar a elevada carga de traballo e que se implante un réxime de descansos lóxico e en consonancia co que existe para o resto de marcas do grupo Inditex", sinala a CIG.

Nel, indica que, a pesar de que esta cadea, xunto con Zara, foi onde "se conseguiron os primeiros logros sindicais na mellora das condicións das traballadoras das tendas", agora "o novo responsable de Recursos Humanos négase rotundamente a asumir ningunha das demandas".

Unha das reivindicacións é "acabar coa parcialidade que sofren as traballadoras, xa que a maioría teñen xornadas inferiores ás 40 horas semanais", precisa sobre un dos motivos da protesta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta