USO denuncia que un 80% das traballadoras de Conservas Calvo sofre "discriminación salarial de xénero"

O sindicato iniciará accións contra a conserveira.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/03/2020 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

USO, sindicato maioritario na fábrica de Carballo de Conservas Calvo, denunciou que un 80% das traballadoras sofre "discriminación salarial de xénero".

Nun comunicado, explica que instou por escrito á empresa a realizar "de maneira inmediata unha auditoría salarial de xénero", á vez que avanza que iniciará accións contra a conserveira "por discriminación en canto a salarios, categorías e niveis funcionais entre homes e mulleres".

A Unión Sindical Obreira pon como exemplo ás mulleres que traballan como carretilleiras, operarias de máquina ou despaletizadoras, "as cales teñen asignada a categoría de oficiais de fabricación, de menor remuneración que os seus compañeiros homes, que ostentan a categoría de oficios varios realizando o mesmo traballo na fábrica".

O sindicato denuncia tamén que a diferenza de salario entre un home e unha muller na empresa "realizando idénticas funcións adoita roldar os 3.500 euros anuais".

Mulleres nunha fábrica de conservas
Mulleres nunha fábrica de conservas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta