Feijóo, sobre as manifestacións do 8M: "Calquera persoa do PP galego pode estar e, se quere estar, estará"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres, tras ser preguntado acerca de se prevé participar nas manifestacións do 8M, que o que decidiu "" a súa formación é que "calquera persoa do PP de Galicia pode estar e, se quere estar, estará".

Por Europa Press / Redacción | PARÍS | 06/03/2020 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres, tras ser preguntado acerca de se prevé participar nas manifestacións do 8M, que o que decidiu a súa formación é que "calquera persoa do PP de Galicia pode estar e, se quere estar, estará".

Xornalistas Galegas, na manifestación do 8M, Día Internacional da Muller
Xornalistas Galegas, na manifestación do 8M, Día Internacional da Muller | Fonte: xornalistasgalegas.org.

Feijóo reivindicou as políticas de igualdade impulsadas en Galicia, onde se aprobou "a primeira lei de igualdade no ano 2004", cando Manuel Fraga estaba á fronte da Xunta. Tamén aludiu ás axudas periódicas para as vítimas de violencia machista, unha medida "ambiciosa" que comparte con poucas comunidades.

"As nosas políticas son coñecidas e a igualdade en Galicia non é unha discusión, é un compromiso de todos os partidos", sentenciou o presidente galego, quen tamén foi preguntado pola postura da súa compañeira de partido, Cayetana Álvarez de Toledo, en relación ao 8M.

Feijóo esgrimiu que calquera pode facer "o que considere oportuno" en relación a asistir ou non ás manifestacións convocadas, aínda que esgrimiu que hai "lemas" que non convidan a acudir, en velada alusión ao polémico 'Soa e bébeda, quero chegar a casa', que fixo seu o Ministerio de Igualdade.

O presidente galego, que este sábado participará no acto institucional da Xunta con motivo do Día Internacional da Muller, concluíu que "o feminismo se defende todos os días con actitudes e decisións". "Discutir a igualdade efectiva entre un home e unha muller é absolutamente absurdo", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Agora sabemos que algunhas mulleres non estaban invitadas por Abel Caballero en Vigo ! https://youtu.be/VP_g5pC_53E?t=21 Vigo Democracia Bloqueada !