A cadea hoteleira Hotusa recoñece despedimentos nas súas oficinas de Chantada pola caída de reservas polo coronavirus

O grupo tamén aplicou esta medida en Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O grupo hoteleiro Hotusa recoñeceu que se produciron despedimentos nas súas oficinas de Chantada (Lugo) e Madrid debido á caída no número de reservas ante a expansión global do coronavirus.

Gran Hotel Lugo
Gran Hotel Lugo | Fonte: Hotusa.

A denuncia procedeu do sindicato CIG, que cifra o número de persoas despedidas nas oficinas de Chantada no último mes nun total de oito, cinco delas "coa escusa" do descenso de reservas pola crise do COVID-19.

Fontes do grupo hoteleiro recoñecen que se prescindiu "dalgúns postos de traballo" pero "nun número moi inferior" ao indicado pola central nacionalista, á que acusan de "ter unha fixación" coa empresa.

Así, sinalan que os traballadores dos que se prescindiu son aqueles que "se viron máis afectados" polas cancelacións e que "todos os contratos extinguidos eran eventuais ou a tempo parcial".

"Ningún dos traballadores tiña ningunha vinculación con organizacións sindicais no momento de extinción", engaden fontes da dirección de Hotusa.

"Esta decisión foi motivada única e exclusivamente coa finalidade de asegurar, ante a situación actual, os restantes postos de traballo do departamento afectado. Neste sentido, o proceso propagación do virus e as consecuencias a el asociadas en canto á evolución das reservas marcará a necesidade de adoptar ou non outras medidas", engaden.

DENUNCIA DA CIG

Para a CIG, Hotusa emprega a crise do COVID-19 como "unha escusa" que "aproveita" para "aplicar despedimentos moi seletivos, xa que afectan a persoas que a empresa vincula coa CIG".

"Hotusa pretende dar un paso máis nas súas prácticas represivas revestindo de obxectividade uns despedimentos que claramente teñen a finalidade de desfacerse dos traballadores que lle resultan máis molestos e dar un escarmento ao resto de compañeiros", remarca a central nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta