Deteñen un mozo de 17 anos por un presunto delito de violencia de xénero na Coruña

As testemuñas chamaron ao 092.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/03/2020 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

Un mozo de 17 anos foi detido por un presunto delito de violencia de xénero na tarde do venres na Coruña, despois de pegarlle uha labazada ao seu expareja na rúa. Os feitos ocorreron preto das 18,15 horas da tarde na Rolda de Outeiro, á altura do número 242. Sobre esa hora, varios viandantes viron como unha parella estaba a discutir e, nun momento dado, el empezou a agredila.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

Ao presenciar a escena, as testemuñas chamaron ao 092 e unha patrulla da Policía Local achegouse ata a zona para saber o que estaba a ocorrer. Nas proximidades da rúa onde a moza, de 19 anos, fora agredida, atoparon os dous.

Os axentes interceptáronos e falaron con eles por separado. A versión da moza confirmou a historia que xa contaran as testemuñas da agresión.

Con todo, ela non se mostraba convencida para denunciar e atender a lesión nun centro de saúde, a pesar de que presentaba unha "marca visible" na cara.

Tras insistir en varias ocasións, a moza foi trasladada a un centro sanitario e asistida por outra dotación policial de apoio. Mentres tanto, o mozo veciño da Coruña foi detido e denunciado de oficio pola Policía Local.

O presunto agresor foi trasladado ás dependencias policiais e quedou custodiado nos calabozos á espera de pasar a disposición xudicial por un delito de violencia de xénero.

O número de teléfono 016 é gratuíto e non deixa rastro na factura telefónica, está dispoñible as 24 horas do día e presta asistencia a todas as mulleres que precisen asesoramento en materia de violencia de xénero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta