Santiago acolle a partir deste martes o IV Festival de Cinema Feito por Mulleres (Mufest)

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2020 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Este martes, día 10 de marzo, arrinca en Santiago de Compostela o IV Festival de Cinema Feito por Mulleres (Mufest) co obxectivo de ofrecer un espazo no que se de a coñecer ao gran público as películas realizadas por mulleres, así como para o debate sobre a situación deste sector desde unha perspectiva de xénero.

As actividades comezarán ás 18,00 horas no Auditorio do Museo das Peregrinacións cunha mesa redonda na que participarán representantes de festivais de cinemas feito por mulleres de España e Portugal e a inauguración da Selección Oficial coa proxección do documental Hotel Explotación, de Georgina Cisquella.

Dentro da programación do Mufest ao longo das súas cinco xornadas, os asistentes poderán acceder gratis a todas as actividades como son as mesas redondas, as proxeccións das 18 películas que conforman a Selección Oficial, ou á festa de clausura na Sala Capitol (para esta última haberá que recoller invitación no Teatro Principal).

Entre outras pezas, os interesados poderán ver obras como 'Tempo suspendido', a ópera prima de Natalia Bruschtein; 'Todas as mulleres que coñezo', de Xiana do Teixeiro; ou 'Fillas de Cynisca', un documental de 2019 dirixido por Beatriz Carretero.

Cartaz do Mufest
Cartaz do Mufest

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta