Coronavirus: o alcalde de Santiago volve chamar á "serenidade", aínda que avisa dos efectos no turismo

Teme pola caída de visitantes en Semana Santa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, volveu facer un chamamento este luns á "serenidade" ante o problema do coronavirus aínda que advertiu dos efectos que este virus pode ter no turismo, especialmente en Semana Santa.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Europa Press

O rexedor considerou que a "alarma" xerada entre a poboación por este virus pode afectar o turismo e chamou a "manter a serenidade" e "seguir todas as indicacións" que faga o Ministerio de Sanidade.

Neste sentido, e tras asegurar que cada falecido por este virus supón unha "desgraza", lembrou que en España se rexistraron ata o momento 17 mortes con coronavirus, fronte ás máis de mil que van por gripe.

"Creo que o que vai pasar co coronavirus, que aínda está en fase ascendente no noso país, todos os indicadores que hai din que probablemente desde finais de marzo, coa chegada da primavera, iniciarase unha etapa descendente", manifestou Bugallo, que sinalou que, á vista diso, "non vai beneficiar" á Semana Santa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta