Sons de Breogán, un festival pola "liberdade contra un capitalismo depredador"

Na edición deste ano destacan os grupos Rebeliom do Inframundo, Cuarta Xusta e Samu Acaracán e Os Tintafemia. "Sempre desde os valores do feminismo, internacionalismo, a loita LGTBI e o antifascismo", sinalan os organizadores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/03/2020 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Tras a acollida do ano pasado do festival compostelán Sons de Breogán, celebrarase a súa segunda edición. O festival que naceu a partir dun Traballo de Fin de Grao, será na Sala Malatesta o vindeiro día 13 de marzo desde as 21:00 horas.

Cartel do II festival Sons de Breogán.
Cartel do II festival Sons de Breogán.

Nesta edición, destacan os grupos Rebeliom do Inframundo, Cuarta Xusta e Samu Acaracán e Os Tintafemia. "apoiamos o panorama musical galego, dende os grupos xa afianzados aos novos grupos e artistas que xorden. Sempre reivindicando e apoiando os valores que defendemos, baseados no feminismo, o internacionalismo, a loita LGTBI e o antifascismo", sinalan. 

"Agora máis que nunca é preciso loitar e defender a liberdade contra un capitalismo depredador, faremolo coa música como arma e nas rúas. Precisamos loitar pola nosa cultura musical e apostar polas nosas artistas", rezan no mesmo manifesto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta