CxG critica duramente ao Bloque: “As súas prioridades son o BNG, non Galicia”

Esta formación, que foi dentro da candidatura do Bloque nas xerais, di agora que apoiaron a Néstor Rego “para defender a axenda galega común, non para defender de forma única a postura do BNG”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/03/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia, que participou dentro das listas do BNG nas pasadas eleccións ao Congreso é, agora, tras fracasar as conversas para repetir a coalición, moi crítico coa formación que lidera Ana Pontón, á que acusa de preocuparse máis “do BNG, que dos intereses de Galicia”.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro.

Así, o seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, criticou duramente ao Bloque por rexeitar falar das transferencias ata “despois do 5A”. “Dende CxG apoiamos a candidatura das xerais do BNG e formamos parte activa da campaña que colocou a Néstor Rego en Madrid, para defender a axenda galega  común, non para defender de forma única a postura do BNG”, apunta nun comunicado.

“Estamos fondamente decepcionados con esta postura, para CxG é importante a continua petición de transferencias, as verbas da candidata do BNG en Lugo, falan ás claras que a  prioridade do BNG é o BNG en non Galicia, cuestión que quedaba fora do noso acordo do 7 de outubro”, manifestou Piñeiro Docampo.

Por iso, advirte ao Bloque que a aritmética do Parlamento do Estado “é variable” e que pode chegar un momento en que o voto de Néstor Rego “non sexa decisivo, perdendo a forza da negociación, e enterrando a axenda galega”. Compromiso por Galicia presentarase en solitario ás eleccións galegas tras fracasar as conversas que mantiña co BNG e tamén co Partido Galeguista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Salgueiro

Cal é a tua prioridade Piñeiro?? Na Mariña non enganas a ninguén, coñecemoste ben.

5 Escarnasedo

O certo é que o BNG se quere ser a casa común dos galeg@s terà que demostralo ademais de pregoalo. Cómo? Ponhendo en riba da mesa un documento a prol do Soberanismo. O que queira sumarse a un Proxecto Común de País debe aceptar arrimar a prol do Soberanismo, alonxado de posturas partidarias.

4 Caneda

E canto tardaron en darse conta? 😏😏

3 achungala

E o seu pacto con Terra Gaiega tamén fracasara despois das eleccións de 2012. Momias, máis que momias!!!!

2 achungala

Tamén fracasaron as negociación co Partido Gaiegista? Meu Deus, que tan escisionarios che son!