A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

1 O futuro

O evidente : 1. Galiza precisa para o futuro (elecións municipais) dunha única plataforma electoral AGE-BNG (ou viceversa). 2. Ou a UPG cambia ou o BNG camiña, con paso firme, ao resistencialismo estéril, anticipo doutro fracaso electoral, aínda máis grave que o de onte. 3. Dos 9 deputados/as de AGE, 5 son de EU e só 4 de Anova, cando o éxito débese a Beiras. En Anova tamén debe haber cambios organizativos e de liderado (enon me refiro a Beiras, claro).

1 lobeon

Quen lle vai facer tragar o orgullo a Paco Rodríguez e a toda a xente que acumulou tanta carraxe contra Beiras e os que xa criticaban o esvaramento do BNG dende dentro? Faría falla, pero penso que iránse agarrando cada vez con máis forza ós restos dun naufraxio anunciado dende fai moitos anos..