A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

31 Reimunde

Se empregássedes tanta força e tanto esforço em erguer alternativas reais e concretas para o País (galescolas populares, grupos de consumo local, cooperativas, ...) em lugar de andardes a esmagar-vos entre vós -manda nabo!-, melhor iria o País!!

1 Sra. de Fernández

¿grupos de comunismo local? Ai alabado... ¿Ti en que mundos vives?

2 Reimunde

E a ti, em que escola nacional-católica te proibirom aprender a ler ..???

3 Sra. de Fernández

Que mal perder tes...

4 Reimunde

Perder? Não: o que me incomoda é perder o tempo com analfabetos, babecos e provocadores coma ti ..

5 Sra. de Fernández

Non home, estás cabreado pq o pobo ao que cres servir dixo que non vos quería, que non o representas. Pódese enganar a algunha xente un certo tempo, pero non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo. O simplismo e a demagoxia non funciona, meu.

6 Reimunde

Não ho, o que andas bem enganado és ti: eu nom pretendo representar nenhum 'povo', nem real, nem inventado. Aguardo só que o Povo e a sociedade tomem as rédeas das suas decisões e da sua vida nas suas mãos e que não se deixem levar polos que os levam inconscientes ao desastre .. Logo, estou bastante satisfeito com os resultados atingidos por estes: http://www.partidodaterra.net/notic... . Ala, saúde e a servir.

7 Antibloque

3.000 votos... que exitazo, hahahaha...

30 Capitalism my love

Gañachedes ao Bloque, gran consuelo para cando teñades que coller as maletas para ir limpar letrinas a Alemaña.

1 Sorte

ös que non temos choio da UPG S.A, pior non nos podía ir, agora imos probar isto, a ver que sae daquí, é si, douche a razón ó capitalismo é teu amor, disfrazado de roxo iso si, polo menos o foi até onte, sorte, en novembro paso revista no paro, o mesmo nos atopamos alí antes de ir limpar letrinas a Alemaña.

2 Nationalism my love

Grão "consuelo", e grão "contecho" ... http://img.desmotivaciones.es/20110...

29 Roi Xordo

Poucas vezes, um artigo tam premonitório: http://www.pglingua.org/opiniom/522... Parabéns!

1 Confuncio

iste non é un país hiperpolitizado onde todos os días nos centros de traballo e nas bibliotecas e nos bares (ises grandes dinamizadores socias) se discuten texis marxistas ou se fan debates de economía, hai que ir tomando nota de moitas cousas, non desprezo núnca o traballo de ningún intelectual (de esquerdas, os de dereitas son lacaios) pero pra xogar ó fútbol faí falla un prado, cancha, chamalle como queiras, e non se pode xogar na auga, iso é outro deporte é chamase waterpolo, o de polo non seí moi ben porqué, e o de water porque así o quixeron os anglos coma moitas máis cousas, en todo caso hai que leer con atención pero sen paixón, e haí que ir dando pasos de que o que hoxe son utopías algún día sexan realidades, ponlle ese artigo os que votamos onte e dí sinceiramente cantos pensas que pasarían do terceiro paragrafo? resposta en serio, si queres eso si..a

2 Roi Xordo

Pois se o pessoal já nom é capaz nem de ler um artigo médio em galego e já só é capaz de tragar "el tomate" em perfeito espanhol ou qualquer calhoubada teórica redigida na ortografia espanhola regional permitida polo Reino, daquela realmente temos um problema mais grave do que parece e que explica também os sucessivamente piores resultados eleitorais. Logo, se querem mudar as cousas: pegue-se num livro e comecem a se formar, porque senom vamos de vez para o caralho ...

3 Roi Xordo

Eu non son lusista. Este Roi Xordo évos un impostor.

4 Roi Xordo

Impostor? E se o impostor fosses tu?? Manda nabo: nunca por aqui te vira.. e quanto tempo levas tu?? PD: e tranquilo, o reintegracionismo nom é nenhuma doença..

5 Roi Xordo

Se nunca por aquí me viras é que pouco por aquí pasas. No tocante ó lusismo para min non é unha enfermidade, tan só unha traizón a este Impaís chamado Galicia.

28 Carlos AyyyyyMeich

Agora xa comezo a leer.. Beiras traizón a patria... jajaja. Asi que agora a UPG(ou o bng) é a patria... e o fogar de Breogán está na rúa de lugo... amigos da UPG Galicia/Galiza somos todos... inda que vos coste asumilo. De Amio saliu unha nova época para o nacionalismo galego.. e haberá que vivir con ela, con dignidade.... que a estades a perder. Unha aperta dende A Montaña.

1 Non se conforma...

Estes posibilistas!!!!! tedes 9 deputados con todo o apoio mediatico, cecais dentro de 4 décadas si seguides coa mesma suba, poderades disputarlle as eleccións ao PP se para entón ainda hai capitalismo. Mentras tanto tocan tempos duros, onde ides estar tan fodi dos coma todos. Tedes boa moral.

2 Non se conforma...

Estes posibilistas!!!!! tedes 9 deputados con todo o apoio mediatico, cecais dentro de 4 décadas si seguides coa mesma suba, poderades disputarlle as eleccións ao PP se para entón ainda hai capitalismo. Mentras tanto tocan tempos duros, onde ides estar tan fodi dos coma todos. Tedes boa moral.

27 María Pita

Lástima de Ana Luísa Bouza, terá que volver ao seu traballo, xa que ela ten traballo, xa que Jorquera e a Pontona, terán que seguir chuchado da política como levan facendo toda a vida. Outro traballo non teñen por eso teñen que trincar ben o cargo. Repito, mágoa de Ana Luísa Bouza, para ela a porta de ANOVA está aberta

1 Chora ti

¿ Mágoa de Ana Luisa Bouza?. Pois chora ti, que eu aínda lembro cómo mudou de chaqueta cando lle ofrezeron un postiño. E do seu paso polo parlamento.....