A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

41 undamariña

paquiño e jorquera seguide botandolle a culpa a Beiras e non miredes para dentro. Sodes uns incompetentes.Agardo que para as p``roximas non saquedes escano(como dimitir non dimitides)Non sei como podedes ser tan burros. Serà que como levades toda a vida vivindo do conto agora xa`non sabedes vivir doutra forma e non queredes deixar de mamar na vaquiña. Agora hai unha alternativa ò BNG,con xente nova, que estou seguro serà a forza gobernante dentro de catro anos. INCOMPETENTES, DIMISION XÀ

1 In the navy

Menos mal que acadachedes 9 deputados, grazas o apoio dos medios do réxime que agora vanvos esnaquizar. Non disimuledes o voso fracaso, xa que non mobilizachedes o voto dos desquiciados co sistema, tan só o trasvase de votos de partidos mais desacreditados ca vós, porque ate agora non fixechedes nada. Xa podedes coller ufanos as maletas para ir limpar letrinas a Alemaña. Sodes uns campións, magoa que os teutones non o saiban.

2 undamariña

seguidelle botando a culpa òs mais e non mirdes o "cu cagado" que tedes.Asì nos vai a todos. Cando unha persoa non vale hai que cambiala. Eu de coller maletas nada que teño empresa propia. Entendes algo diso? Creo que non.Votei BNG toda a miña vida pero este Bng non vale nin para tomar polo c......asì que votei polo campeon, que non lle chega nin jorqueriña, nin guillerme nin à sola do zapato.

3 Burgueses ao gulag

Home un burgués, pois ao gulag. O campión só é un mesianico ao que siguen os mediocres. Eu non son do Bloque pero espero que o vello dure o suficiente para facerme pasar un bó rato, vendo como os inzades a navazadas, tal como pasou co campión nos seus proxectos: PSG, coa federación socialista ibérica, con esquerda galega e co bloque. E son comunista que nunca voto, e o bloque importame a mesma melda que vós.

40 Opa aí

Pasamos de ter galescolas e selección galega, a parlamentarios "nacionalistas" de esquerda que cantan nos partidos da selección española YO SOY ESPAÑOL ESPAÑOL

1 Good bye espanish

Se o ves ben, temos mais cultura anglosaxona via ianqui, na música, habitos, audovisual etc. que española, ainda que a española tamén está ben contaminada. Un pouco mais de esforzo intelectual, please.

2 cesar do corgo

esta ben que vos dedes conta agora. Os da UPG fostes os primeiros en criticar e reventar o bipartito como ten dito xente de dentro da Xunta. Erades os primeiros en criticar nas asembleas, ese suposto nacional-caciquismo de Quim, de criticar a Anxela Bugallo por maquillarse e non ser un desproposito de muller como algunha das vosas referentes. Apaandade agora co cuarto posto, co total-españolismo no parlamente, ca españolización da galiza etc. Non quixestes defender o bipartito, non queriades que un BNG en crecemento se fora do voso control. Esto é que queriades controlar, pero controlades a misera, o residualismo.

3 Adió ezpolista.

E dalle co Bloque, todo o mundo que dí que representades o mesmo co Bloque, só que ademais sodes españolistas, xa son do Bloque. Un pouco mais de esforzo intelectual, pó favó.

39 Nandiño

Xa pasou un día e Paco Rodríguez aínda non presentou a súa dimisión, a que está agardando?

1 Manolo2

Espera sentado, y en caso de que dimitan, pondrán a alguna marionete y seguirán mangoneando agarrados a algún puesto bien remunerado. Para estos Galicia es una disculpa para vivir de la teta pública de por vida.

2 EGO SUM

Perdoa?? De qué ten que dimitir? É que non me enterei ainda!!!!

38 Cronista

Non tardaron en sair os todólogos de alpargata en decir que Galiza é española, cando en Galiza se vota sempre totalmente diferente ao que se soe votar en España. Onde están os aumentos de UPyD e IU? coa baixada do PP que se está a dar no estado. Outros ven algo desexable i envexable no voto burgués do PNV ou o menos do esperdado de BILDU, cando unha persoa verdadeiramente de esquerdas non o trocaria polo noso 40% de abstencia ao sistema burgués de eleccións.

1 Cronista

Os votantes do PP comparten cos verdadeiros anti capitalistas o rexeite por esos "esquerdistas" sistémicos, voceiros dun suposto capitalismo de rostro humano, que non existe por ningures, en contraposición ao neo liberalismo. Socialdemócratas "pret a porter" nun mundo globalizado e de crise de sobre producción, de marxistas leninistas do Bloque que viven da poltrona do voto das eleccións burguesas. De sindicalistas liberados que asinan da man do SOE os recurtes mais gratuitos contra os traballadores, coma os do 2008. De Mesias Beiranos, narcisistas, ególatras e mesianicos que van da man da anti obreira e pija clase media que deixou de sélo. E de Yolandas profesiones, comunistas que o primeiron que fan ao pillar cacho, e loitar polos mais necesitados, sobindose o eu xa xeneroso soldo. Noraboa aos pepeiros e que disfruten da miseria que os seus lles traerán.

2 Sra. de Fernández

Ti debe ser que non miras para as fiestras cando xoga a selección. Os que temos vecindade administrativa na C.A. de Galicia somos españois, naturalmente porque somos galegos e sen ningún problema, orgullosos de ser españois por ser galegos ¿Que outra cousa poderíamos ser? E mira que Feijoo non falou da nación española, que se había xente que quería ser nación e curiosamente a maior parte dos que aprobaron un estatuto de pretensa nación están hoxe pedindo rescate. E a xente votou a quen mais se parece o pobo galego: o Partido Popular. Galicia sempre foi de dereitas. Os votos á esquerda son unha desas anomalías que se dan en calquera sociedade.

3 Cronista

Tedes os mesmos votos, mais ou menos, que a suma de votos da abstención i en branco, qué son de rexeite de este sistema burgués españolista que se derrumba. Mais ainda se os vosos votos veñen dos sectores mais clientelistas, envellecidos, carrexados e iletrados. Se os que se din marxistas-leninistas o son de verdade, só teñen que esquecer esta farsa de eleccións burguesas, feitas para pillar poltrona e que sigas xogando esta partida amañada e non tires as cartas. Poñerse diante da loita nas rúas, porque os tempos vindeiros van ser de loita, e simplemente esperar que a vosa putrefacta, prostituida cova de ladróns chamada Expaña, veñase abaixo dunha patada, porque está putrefacta.

4 Cronista

Tedes os mesmos votos, mais ou menos, que a suma de votos da abstención i en branco, qué son de rexeite de este sistema burgués españolista que se derrumba. Mais ainda se os vosos votos veñen dos sectores mais clientelistas, envellecidos, carrexados e iletrados. Se os que se din marxistas-leninistas o son de verdade, só teñen que esquecer esta farsa de eleccións burguesas, feitas para pillar poltrona e que sigas xogando esta partida amañada e non tires as cartas. Poñerse diante da loita nas rúas, porque os tempos vindeiros van ser de loita, e simplemente esperar que a vosa putrefacta, prostituida cova de ladróns chamada Expaña, veñase abaixo dunha patada, porque está putrefacta.

5 Sra. de Fernández

Moito rollo para tan pouca sustancia (gris). Todos perden votos, coa diferencia que o PP perde 135.000 mentres a suma de PSdG e BNG (descontando o trasvase de votantes destes que foi para AGE) perden mais, 155.000. O demais son pobres lugares comúns da demagoxia antisistema e non o vou respostar.

6 Cronista

Gris, si que eres e non precisamente de materia. O españolismo non se sustenta en nada, se o nacionalismo xa é ben suxetivo e idealista, o españolismo moito mais, porque non está baseado en cultura nin etnia ningunha mais que en pura propaganda (traballei en Alemaña e podoche asegurar que non me vin mais aforaneo alí que cando estiven en Andalucia). Como decía Lenin o proletario non ten Patria, ainda que o decía por motivos diferentes aos que ti pensas, e non podo explicarche polas tuas evidentes limitacións.

7 Sra. de Fernández

Vós e o voso mundo de ensoñacións do que a xente pasa unha e outra vez e aínda así teimades en que estamos alienados e tendes que salvarnos. Nada, seguide, que hai PP para moitos anos pensando que a xente é, básicamente, imbécil.

8 Cecilia

Ha, señora de su señor, amante de un vividor..dama, dama de alta cuna de baja cama....agora sodes os elexidos, os que o pobo van recibir cos brazos abertos...e ti eres o que pisas a terra?

9 jziuxar

A ver a señora esa: se fora polo pensamento conservador, ainda estariamos nun sistema feudal e clasista que é o que sempre defenderon. A esquerda é progreso e cambio para mellor, e sempre foi asi. Iso non quere dicir que todos os partidos de esquerda defendan iso, por que hai moito que vai do que non é. A crise que sufre o estado trouxona as politicas neoliberais do PP e do PSOE, as politicas netamente de "dereitas". O consevadurismo é en certo modo ignorancia, por exempplo a relixion, o enganabobos que a maioria dos conservadores seguen. Por cada intelctual e cientifico, artista.. solvente que atopes con ideoloxia conservadora, voute dicir eu 1000 progresista. Na Galiza gañou o voto da ignorancia, a maioría no rural, queren ser coma Valencia? Explotar a natureza ata que estoupe? Pois iso é a DEREITA quen o , resumindo, OBREIRO DE DEREITAS, T*ONTO SEGURO. Senón mirade como vai o planeta e dademe unha explicación? Doucha eu, COMIDA PARA HOXE, E FAME PARA MAÑA.

10 jziuxar

A ver a señora esa: se fora polo pensamento conservador, ainda estariamos nun sistema feudal e clasista que é o que sempre defenderon. A esquerda é progreso e cambio para mellor, e sempre foi asi. Iso non quere dicir que todos os partidos de esquerda defendan iso, por que hai moito que vai do que non é. A crise que sufre o estado trouxona as politicas neoliberais do PP e do PSOE, as politicas netamente de "dereitas". O consevadurismo é en certo modo ignorancia, por exempplo a relixion, o enganabobos que a maioria dos conservadores seguen. Por cada intelctual e cientifico, artista.. solvente que atopes con ideoloxia conservadora, voute dicir eu 1000 progresista. Na Galiza gañou o voto da ignorancia, a maioría no rural, queren ser coma Valencia? Explotar a natureza ata que estoupe? Pois iso é a DEREITA quen o , resumindo, OBREIRO DE DEREITAS, T*ONTO SEGURO. Senón mirade como vai o planeta e dademe unha explicación? Doucha eu, COMIDA PARA HOXE, E FAME PARA MAÑA.

37 Spanish Proud

Lo que me sorprende es que una buena parte de los que han hecho comentarios radicales en este medio a favor de la independencia, de la mayoría social galega antiespañola y de su alta consideración hacia el pueblo gallego por su singularidad, su identidad propia, su lengua milenaria y bla,bla,bla... renieguen ahora de ese mismo pueblo y lo califiquen de cobardes, de pobo de merda, de ignorantes que se merecen todo lo malo que les haya pasado o pueda pasarle y demás lindezas. Y todo porque no han votado como ellos querían. Eso es talante democrático y lo demás son caralladas.

1 Vigués

Máis claro non se pode dicir.

2 Manolo2

Así de irracional suele comportarse la izquierda nacionalista gallega. Odian todo lo que ha sido siempre Galicia: española, católica y de derechas. Que sigan por ese camino hacia su extinción definitiva.

3 Comunista

Cun 40% entre abstención e voto en branco que pasan de eses sistema burgués e corrupto españolista, non é para que os fatxas tiredes foguestes. Mais ainda se o voso filón está nos sectores mais emprobecidos, incultos, envellecidos e clientelistas que poda haber. E xa non falemos cos negros nubeiros que se achegan. Non dia La Voz que os asilos empezan a ter poblemas de pago? pois xa sabes...que se encomenden a esas monxiñas que fan de comisarios políticos carrexantes de votos e se esquezan do luxo de comer varias veces ao día, a pan e auga e que o voso deus de pega,se apiade déles.

4 Manoliño

La izquierda en realidad es sólo en apariencia democrática. La victoria de Feijoo hizo aflorar tanto su complejo de superlegitimidad, como esa pretendida superioridad moral, ambas propias de quienes no creen en la democracia.

5 Antibloque

Si si, Comunista... levades dicindo toda a vida que ao PP só o votan os vellos. Pois eses vellos xa terían que estar todos mortos, pero o PP segue arrasando. Noraboa polo fracaso, nacionalistas (anti)galegos. Spanish Proud ten toda a razón: ninguén odia a Galicia tanto como os seus supostos defensores.

6 Comunista

Manoliño, para os comunistas de verdade as eleccións burguesas non son ningún fin. Outra cousa son esos supostos comunistas, que non son mais que oportunistas a procura dun botín, e partidos endebadados cos bancos. Para os verdadeiros comunistas a loita está na rúa, nas fabricas, nos bairros, no agro e pobos. O sistema capitalista está esmorecendo, e con el a tua España que agora só é unha prostituta que traballa explotada, para banqueiros e burgueses. Cedo a tua españa vai ser botada de casa por non ser mais que un pendón berbeneiro.

7 Manolo2

3. Mira rapaz, yo mismo me abstuve muchas veces y no soy precisamente de izquierdas. La abstención es un castigo hacia todos los políticos de distinto signo, y sí, Feijóo ha sido bastante malo, aunque muchísimo menos malo que el siniestro bipartito. Ante la alternativa de tener un cuatripartito, lógico que ganara. Con lo que no estoy de acuerdo es con tu referencia al nivel cultural de la derecha, porque la gran mayoría de los empresarios y profesionales de Galicia son de derechas.La izquierda no lee ni sus panfletos estilo Xornal o Público como pudo comprobarse con su cierre. En general la izquierda tiene un buen caladero entre los parásitos de facultad, vividores de lo público, liberados sindicales y analfabetos funcionales estilo Bieito Lobeira. Esa es la realidad, y solo hay que ver el careto de los que provocan disturbios en las colas de vuestras manifestaciones para comprobarlo. Ajo y agua

8 omunista

Que esquerda? manoliño. A esquerda banqueira? porque todolos partidos están subvencionados via créditos polos bancos, de ai a sua servidume. No capitalismo só hai un partido, o capitalista, de varias correntes. A ilegalizada Batasuna é agora consentida, non porque rexeite a violencia, xa antes varias veces rexeitouna, senon porque agora non é un partido comunista, e un partido burgués onde leva mesmamente a xente do OPUS coma o deputado Larreina. A abstención é un castigo ao sistema, ao sistema de partidos burgueses. Decir que o periodico Público é de esquerdas é unha parvada sin sentido. Pertece a Mediapró quén leva os intereses da petromonarquia do sátrapa emir qatarí. O maximo accionista é o troskista multimillonario Roures que fixo a sua inmensa fortuna o amparo da "esquerda" sistémica borbónica

9 Turbo

Comunista, concordando co groso dos teus argumentos (desde logo co de Batasuna non ou non ao 100%), aplica por favor o materialismo á análise da abstención e non fagas coma os comunistas-seita que lle atribúen á abstención cualidades milagrosas, as que os benefician, claro. Na abstención sempre houbo antisistema, podemos aventurar porcentaxes, pero o que che podo garantir é que se só o 50% desa abstención fose o 50% de comunista que es ti, estariamos en condicións obxectivas para o salto revolucionario. Tamén a Igrexa dicía que nos abismos do espazo exterior estaba a proba da presenza divina.