A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

11 Onde non hai

A filósofa Susan George ven de declarar, "os españois son ratas de laboratorio: a ver canto castigo toleran ser rebelarse". http://www.levante-emv.com/comunita... Vistos os resultados das eleccións, queda claro que os galegos toleramos moito castigo sen rebelarnos. É máis, estoy chegando á conclusión de que nos gusta que nos castiguen.

10 O noso día chegará

Eso é BNG moi bien.. o enemigo é Beiras e EU, e tamén CxG... mira que sodes parvos do carallo.. bueno no desculpade... sodes moi listiños, xa me dou de conta... o que queredes e todo o poder para vós... xa vos vexo eu o conto. Tranquilos algúns temos os frontes da batalla ven clariños... o problema é o Partido Popular e o bribón ese do Feijoo, maldigote e despreciote eres unha vergoña para o pobo Galego, a nosa lingua a nosa cultura os nosos cartos a nosa terra... sorte tiveches de estar no momento e no sitio axeitado mala hora te leve.

1 Non home non

O momento "axeitado" para que en Galicia gañen os da dereita, e canto máis carca mellor, é sempre, ¿pensas que foi casualidade que Franco nacera en aquí? Somos a reserva espiritual de España.

2 Petra

Jorquera, é ben que dimitiras non fagas caso do que che diga ese veciño de Canido que cos seus feitos perdeu o deterito de ser recoñecido pola historia positiva de este país, Vaite home vaite, nos pases mais vergoña.

9 un galego

o tempo non deu a razón a Beiras, non, xa que a súa candidatura non era e non é netamente nacionalista, AGE é unha coalición técnica con Izquierdad Unida e dos 9 deputados 5 son desa organización estatal. Nin o tempo deu a razón a Beiras nin aos galleguistas de Máis Galiza que ian arrasar cando se libraran dos malos da U. O BNG, organización nacionalista 100% a pesar de todo ten 145.000 votos e 7 deputados. Autocrítica toda, farase toda, en asambleas e non nos bares ou nestes foros, agora ben, os ESCINDIDOS do BNG tamén teran que facer autocrítica, os que se coaligaron cunha forza estatal e os que foron de galeguistas e "quitaron" a estrela vermella da bandeira porque así ían arrasar. O BNG xa viviu algo parecido cando Esquerda Galega sacou 3 deputados e o BNG só 1, o tempo porá a cadquen no seu sitio, con autocrítica e coas reformulacións que fagan falta.

1 Sarxento fogonero

Esquece o que dis, aqui non hay volta atrás, o BNG perdeu on tren do futuro e para de contar. O xefe de estación, Paco Rodriguez, cando tiña de facelo non quixo mover as agullas do avance preferindo estancar a organización nunha via morta na que acabará achatarrando. A única responsabilidade que ten Beiras na debacle , é non ter tomado 10 anos atras súa decisión , se así o fixera hoxe o PP non tería celebrado seu triunfo. Nunca esquezas que para exercer de lider, non te podes chamar Paco ser de Ferrol e non tes uniforme de xeneral. Neste caso o Coronel perdeu a batalla e a guerra

2 Sarxento fogonero

Esquece o que dis, aqui non hay volta atrás, o BNG perdeu on tren do futuro e para de contar. O xefe de estación, Paco Rodriguez, cando tiña de facelo non quixo mover as agullas do avance preferindo estancar a organización nunha via morta na que acabará achatarrando. A única responsabilidade que ten Beiras na debacle , é non ter tomado 10 anos atras súa decisión , se así o fixera hoxe o PP non tería celebrado seu triunfo. Nunca esquezas que para exercer de lider, non te podes chamar Paco ser de Ferrol e non tes uniforme de xeneral. Neste caso o Coronel perdeu a batalla e a guerra

3 Si home si

Claro, claro, a culpa do fracaso e sempre doutros, nunca dun mesmo. Xa o dixo Napoleón, "a victoria ten cen pais, a derrota é orfa"

4 LoisGZ

Aos coroneis non lles gosta a música... Todo o mais toleran a corneta, o toque de corneta. Desprezan tanto á intelixéncia como á realidade, a culpa sempre é dos outros, e sempre rematan disparando-lle ao pianista.

5 Ala

Tí o teu "un galego" a poñer a parir aos de AGE, sonche os culpables de todo, mentras Frijol escarallandose da risa de todos nos. Sodes pesadiños de carallo.

8 Socialista ferrolano

El PSOE de Ferrol con 7014 votos alcanzados reduce en número de sufragios con respecto a las anteriores autonómicas en 5205votos. Sobran palabras , la responsable política y candidata en los comicios debe renunciar a tomar posesión de su escaño, pues la verdad no le pertenece .

1 Viruca

A limpeza no pasa unicamente por Beatriz Sestayo, esta ten de caer por trepa e inútil. Ao PSOE de Galicia non hai por donde apañalo, Pachi é un inepto, Caballero un instigador indisciplinado e a súa tenente de alcalde nin vos digo. E así pasando revista lixo a eito, compre meter todo ao contenedor e repoñer ao completo Hay que

2 Polisarri

A tuda foi doente, dis que Beatriz Sestayo ven de ser ingresada, polo hematomas que consecuencia dos lombeirazos electorales que afectáronlle ás costas.

7 Calafate

Sobre o desencanto que delata a abstención mellor nin falamos. En acumulado de concellos da Mancomunidade de municipios de Ferrol o PP alcanza 29.808 sufraxios, resultado superado polas forzas progresistas que logran 36.051,Só no recentemente incorporado concello de Cabanas os conservadores impoñen a súa maioría por un escaso cómputo de 15 votos Resultando ser Fene o concello onde menos apoios alcanza o PP ao superar os seus opositores o 64% dos sufraxios. De todos os xeitos á marxe das vantaxes que lle achega aos conservadores a lei electoral como candidatura mais votada, coa que está a caer e coa que se aveciña, a masa electoral ten apostado polo masoquismo. Menos mal que non cumpren co naval..!