Estables os catro pacientes con coronavirus ingresados no Chuac, un deles na UCI

Sanidade confirmou que os afectados por este virus na autonomía ascenderon a 18.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O catro pacientes ingresados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) permanecen estables, un deles, un home de 81 anos con patoloxías previas, segue na UCI con prognóstico grave. Así o confirmaron a Europa Press fontes hospitalarias, que puntualizaron que o home de 81 anos con patoloxías previas con positivo por coronavirus permanece na UCI "estable" con "prognóstico grave".

Pola súa banda, os outros tres ingresados, entre eles o primeiro paciente confirmado con Covid-19 en Galicia, seguen "estables" ingresados en illamento nunha planta convencional. Tamén están en planta hospitalizados en illamento dous dos casos con positivo dos detectados relacionados co centro cívico de Feáns na Coruña, que permanecen estables, sinalaron as mesmas fontes.

En Galicia, ata a noite do luns, Sanidade confirmou que os afectados por este virus na Comunidade galega ascenden a 18, dos que 13 están na área da Coruña, catro na de Vigo e un na de Ourense. A maiores, quedan algúns casos pendentes do resultado do laboratorio madrileño, entre eles un en Lugo.

Do últimos cinco casos confirmados, catro manteñen un vínculo epidemiolóxico co foco relacionado co centro cívico de Feáns, na Coruña, pechado preventivamente desde este luns. Deste foco derivan 11 casos na cidade herculina, un deles un home de 81 anos que se atopa grave na UCI.

O caso confirmado en Ourense é o dunha profesora do centro dos Salesianos Colexio María Auxiliadora desta cidade, que viaxou recentemente a Venecia. Os outros catro casos, todos da área de Vigo, están relacionados cunha parella de 43 e 47 anos, residente en Moaña, que viaxara recentemente a Madrid, o fillo dela, de 15 anos, e outro familiar.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | Fonte: Galicia, a 4 de marzo de 2020. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta