Escanos en Branco é a "sexta forza" en Galicia

Os votos en branco, a sopresa da xornada. UPyD queda de quinta forza, o partido de Conde de séptimo e CxG de oitavo. A suma de votos de todos os partidos deixa ao PP sen maioría.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Ademais de PPdeG, PSdeG, AGE e BNG, as eleccións galegas tiveron outros protagonistas. Até 22 partidos conseguiron votos nestes comicios. Todas estas forzas sumaron arredor de 110.000 votos. Pero, sen dúbida, o que máis destaca destes comicios foron os votos en branco. Ata 38.410 galegos decidiron non votar a ningún partido. Se isto o sumamos aos máis de 17.000 do partido Escanos en Branco --que quedou como sexta forza política-- obtemos que máis do 3,70% dos electores decantaronse por un voto de castigo a todos os partidos. É dicir, que o conxunto dos votos en branco situaríase como a quinta forza política galega.

Simulación unha persoa - un voto nas eleccións 2012
Simulación unha persoa - un voto nas eleccións 2012

Só, UPyD conseguiu superar os números de Escanos en Branco. Mantivo a quinta posición que acadou hai catro anos, pero con menos votos e menos porcentaxe. Se entón levaba un 1,41% das papeletas e 23.796 votos, nesta ocasión quedou en 21.212.

Como sexta forza política quedou SCD, de Mario Conde, moi lonxe das expectativas iniciais xa que optivo 15.781 votos. O mesmo aconteceu con CxG que quedou con 14.459 papeletas.

Tamén destacan os 4.203 de Democracia Ourensá, os 3.164 do PT ou os 1.621 de Comunistas da Galiza. CDL acadou 1.402 e CXXI, 1.056. Tamén obtiveron apoio electoral Pirata.Gal, con 1.518 votos e Hartos.org, con 1.082.

Se a estes lles sumamos os votos nulos --máis de 37.000-- e os 832.678 galegos que se abstiveron de votar nestes comicios, estamos a falar de máis de 1.200.000 persoas que non confían nos partidos que até agora exercían a representación do pobo no Parlamento de Galicia, máis dos que sumaron onte PP, PSdeG e BNG xuntos (1.092.994 votos fronte aos 1.584.627 no ano 2009).

CxG

O candidato de Compromiso x Galicia (CxG) á Presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, agradeceu a "confianza" dos máis de 14.000 galegos que deron o seu "apoio" a CxG nas urnas e valorou poder "poñer en coñecemento" da sociedade o "proxecto político" da súa formación nunha "campaña sensata". "Non somos tormenta dun día", asegurou, convencido de que a súa mensaxe irá calando na sociedade.

Por iso, dixo que "non" sente decepcionado cos resultados xa que a súa formación apenas conta con "cinco meses de vida" e felicitou ao PP e a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) como "os auténticos gañadores" destas eleccións autonómicas. 

Con todo, suliñou que a situación de CxG "non é comparable" á de AGE, toda vez que Xosé Manuel Beiras é un "histórico" político cun elevado "nivel de coñecemento", que conta co respaldo da "estrutura organizativa" e os "recursos e financiamento" dun partido estatal como Esquerda Unida.

UPyD

Pola súa banda, o candidato de UPyD á Presidencia da Xunta, José Canedo, agradeceu a confianza dos votantes e o "enorme esforzo realizado por todos os seus compañeiros", ao respecto do que sinalou que foi unha "campaña moi intensa". "Contactamos coa xente, pero teremos que esforzarnos por chegar máis a ela", asegurou para reivindicar que UPyD é "un partido cunha mensaxe nacional, forte, transparente, de honestidade".

Sobre os resultados acadados dixo que significan que os cidadáns seguen confiando en que UPyD como "motor do cambio que necesita esta comunidade e España". "Demostramos nas institucións nas que temos representación que o que dicimos o cumprimos", observou.

SCD

Pola súa banda, o presidente de Sociedade Civil e Democracia (SCD), Mario Conde, asegurou que os resultados da súa formación son un "éxito", ao tempo que garantiu a continuidade do seu proxecto político e dixo sentirse "sorprendido" pola "estrutura humana" de "voluntarios, apoderados e simpatizantes" que apoiaron a candidatura.

Por iso, Mario Conde confirmou que seguirá adiante co seu proxecto político. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 coiro

Primeiro Feijoo co adianto, logo Aymerich coa deserción de última hora e finalmente Beiras xuntándose cos comunistas non llo puxeron doado, por non falar do voto util. Que non se sintan abafados en CxG que somos moitos os que estamos ilusionados con ese proxecto galeguista alonxado das estrelas vermellas

3 pitoquente

O de CxG debería considerarse un FRACASO rotundo, TEGA sacara case 19.000 votos e nestas, indo cunha boa parte de escindidos do BNG, non chega nin ós 16.000, cando deberían ter chegado polo menos ós 30 ou 40 votos.

1 Daniel

Pero é que os votos de TEGA vinhan en boa parte do cacique de Narón (non lembro o nome) e ese non se incorporou a CxG. Sen dúbida Compromiso tivo uns resultados moi pobres (Beiras papoulles toda a posibilidade de darse a coñecer) pero tamén mostrou que cos candidatos adecuados unha opción nova pode ter suceso. Estou a pensar nas municipais, onde por exemplo Encarna Otero de candidata daríalles moita repercusión en Santiago.

2 Galego

Os resultados foron desastrosos, houbo moitos factores externo, pero un interno fundamental, non fumos capaces de dar a conocer o noso proxecto. A partir daí teremos que seguir traballando, aprender do acontecido e rectificar

2 pepe lago

O JORQUERA tamén ta en branco. Vede o que di: http://www.sermosgaliza.com/artigo/...

1 Arquiveiro

O de CxG estaba claro, todos sabíamos que non era a súa batalla, só o primeiro paso cara ás municipáis. SCD y UPyD si que poden considerar o de onte coma un fracaso.

1 Arraiano

Eu diría que o de SCD tamén estaba claro: a Mario Conde impórtalle Galicia tres carallos, o seu obxectivo son as xerais e presentarse como o candidato de Intereconomerda para "salvar dEspaña". Dou por seguro que levará un feixe de votos e que é o principal candidato para ser o futuro gobernante autoritario populista que España está pedindo, con estes movementos "antipolítica" de cheiro protofascista ("toma o Congreso") que están prendendo con tanta forza. O de UPyD (Rosa Díez é outra das que aspira a ese posto que busca Conde) sí que é un fracaso e a constatación de que é un partido nacionalista da España central, pero que nas "nacionalidades periféricas" non pinta nada (só hai que lembra-las Xerais do ano pasado: perto do 5% no conxunto de España, 10% en Madrid e 1% escaso precisamente en Galicia, Euskadi e Cataluña, e non sei se nas Canarias igual).