"Eu non lle boto a culpa a ninguén"

Guillerme Vázquez evita responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñece que "é moi malo". Anuncia que se abre un proceso de "reflexión" na formación. Non descarta recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro. Vídeo no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou este luns mudar a mensaxe que a mesma formación trasladou tras coñecer os resultados electorais do 21-O. Tras unha xuntanza dos seus membros e a postura dun grupo deles de que había que evitar responsabilizar da derrota a outras formacións, a dirección nacionalista acordou asumir as súas responsabilidades.

Membros da Executiva Nacional do BNG
Membros da Executiva Nacional do BNG | Fonte: Bloque

"O resultado é moi malo e esta perda de apoio popular colócanos nunha situación moi difícil", subliñou o portavoz nacional desta formación Guillerme Vázquez. Nun discurso moi diferente ao que onte mantivo o candidato desta formación, Francisco Jorquera, e asumindo as responsabiliades pola baixada de cinco deputados e máis de 130.000 votos, Vázquez destacou que o BNG "tomou boa nota" da "mensaxe" dos cidadáns. "Por iso, pedimos desculpas porque nós tivemos que facer as cousas mal para esta perda de confianza".

Felicitacións a AGE

Por iso, rexeitou culpar dos resultados obtidos á coalición que liderou Xosé Manuel Beiras. O líder nacionalista incluso felicitou á coalición de EU-Anova polos seus resultados e mostrou a súa esperanza de que a súa oposición "sexa útil para facerlle fronte" ao PP. Ademais, non descartou, no futuro, volver a recompoñer as relacións con Anova e con Máis Galiza. "Non temos prexuízos e o que teña que acontecer, acontecerá", dixo.

"Eu non lle boto a culpa a ninguén, e sobre todo, a outra forza política que nos superou en votos", dixo en relación á derrota do BNG e tras subliñar que a súa formación terá que analizar "o que se fixo mal" para tentar "corrixilo". 

Así, recoñeceu que para o BNG iníciase, agora, unha "etapa difícil", case unha "travesía no deserto", indicou, e anunciou que os cargos da formación analizarán a situación creada "coa cabeza fría".

 

O modelo BNG "non está esgotado"

 

En todo caso, Vázquez quixo deixar claro que o modelo do BNG "non está esgotado". "Se o crese agora estaría a coller un cruceiro ás Bahamas", ironizou nunha sala de prensa inzada de medios de comunicación de todo o Estado.

 

Con todo, lamentou que o nacionalismo galego non saíse reforzado nunha conxuntura política na que, dixo, as forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña crecen e expoñen novos "modelos de estado" aos que non poderá aspirar Galicia.

"Poderes e contrapoderes"

Unhas declaracións que tiveron lugar tras a reunión da Executiva nacionalista que acordou celebrar leste mesmo sábado un Consello Nacional para avaliar a actual situación da formación e tomar as "decisións que fagan falta".Sobre o proxecto nacionalista matizou que, quizais, o BNG "non soubo transmitir ou non lle deixaron transmitir con claridade" a súa mensaxe. Unha situación da que responsabilizou a "poderes e contrapoderes" contra os que hai que "loitar".

Os nacionalistas celebrarán este sábado unha xuntanza do seu Consello Nacional. Con todo, entre as decisións, non está, polo menos polo momento, a dimisión de Francisco Jorquera. "No BNG non tenenos niguna razón para expornos esta cuestión", dixo Vázquez a preguntas dos xornalistas. "Foi o noso candidato á Xunta e por pura lóxica será o portavoz no Parlamento", engadiu. 

Velaquí o vídeo difundido pola fronte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 154 comentarios

3 Manu

Polo menos están mellorando na análise do que pasou. Mellor o que di agora Vázquez que o que dixo Jorquera onte.

2 Galigueitor

Ahhhhhh. no, no ... de recompoñer nada Guille, pero sempre podes deixar a UPG e apuntarte a ANOVA, hombre, que na U hai menos futuro que en CxG. Ainda que sempre podes tentar tender pontes con Converxencia XXI, home.

1 Manu

Cando o BNG (ao igual que o PSdG) se presente ás eleccións con intención de que alguén lle vote, ao mellor consigue recuperarse. Unha pista para o BNG: que vaian buscando un candidato e un portavoz con un pouco de capacidade comunicativa.

1 Iri

Que pouco di de nós como sociedade que valoremos tanto a imaxe e o marketing. Que visión tan superficial da política.

2 Galigueitor

Pois se hai que escoller entre semellar ser superficial e chupar oposición perpétua ...

3 Manu

Non é unha visión superficial. Cada traballo esixe unhas capacidades determinadas. Por exemplo, se adestrase ao Barça, eu non poñería a Messi de porteiro.

4 Iri

non sei que che diga. pareceme moi infantil gañar votos por ter un candidato moi guay e molón. pero a verdade pasa con todo só basta ver á mocidade como enchen os festivais de grupos idénticos entre si cos mesmos flequillos copia da escea inglesa e os bos gaiteiros tocan diante de tres vellos.

5 Iri

A esquerda comparte solucións á crise, e a ideoloxía do BNG é moito máis sólida e clara, a de AGE fáltalle moito debate. Polo tanto podemos extraprolar que a diferencia de votos non é polo fondo, é polas formas, mobilizouse á parte da cidadanía con marketing. Eu quero a unha muller ou home que sexa un xestor público que sexa a miña voz no parlamento non a un líder carismático e popular. Temos visións distintas da política.

6 Pacho

Sólida, sólida a ideoloxía do BNG, pois aí tes razón. É tan sólida que non entra nin aire. O teu razoamento paréceme superficial, é como se dis que Castelao era un fenómeno de marketing por facer debuxos populistas. Se un vai ás eleccións debe presentar unha candidatura capaz de comunicarse coa xente e de atraela. Dicir que AGE superou ao Bloque polas formas é na miña opinión unha perrencha máis que unha analise.

7 Iri

Pero é que eu esixo coherencia e solidez no argumentario, e se hai diversos partidos gustaríame que fose porque teñen opinións e ideas diversas. Ti colles os programas do BNG e de AGE é teñen moitísimos puntos en común. Non me contraargumentades, recoñecedesme que a clave está nas formas non no fondo nin nas ideas. Onte unha fronte cun mes de vida consegiu 9 deputados, calquera dos que cremos na importancia das ideas ante a estética teríamos miles de preguntas para AGE. Que non saberían contestar nin eles pois aínda nin o debatiron, e teñen 9 deputados por un éxito de marketing. QUE MEDO DE SOCIEDADE! Só digo iso.

8 Pacho

Pero a ver, Iri, ninguén fala mal de que haxa argumentos, nin de que o ideal fose o coñecemento do argumentario de cada partido por cada votante. O que ocorre no meu ver son dúas cousas, a primeira, que estamos no capitalismo serodio e na sociedade do espectáculo, nunha democracia burguesa coa función de perpetuar o que hai. A segunda, que a estética é e debe ser parte dos partidos, como é das persoas. Seguro que escolles ben a roupa que mercas e a que pos para dar unha impresión e non outra. Estou seguro de que non tes o tinte loiro-PP no cabelo ou se es tío que non levas gomina e lacoste. O marketing é parte da ciencia da comunicación, ignoralo nunhas eleccións do primeiro mundo é suicida.

9 Iri

Vale, concordo 100%. Esa é a tan cacareada reformulación que precisa o BNG ? Non me interesa, non me interesa ese xeito de entender a política. Prefiro o rancio Bloque repetindo unha e outra vez as súas claves, cos votos que sexa, pero sabendo que a xente que o vota sabe o que vota, porque non hai outro partido máis coherente e claro no prano ideolóxico no país que este.

10 mk__

Se axuda a pagar os 3 millons que lle adebeda aos bancos, por min non hai problema, sempre e cando sexan consecuentes con eso.

11 Sotelo

Déches no cravo mk_, a coherencia do BNG remata cando toca cos intereses dos financiadores (Gayoso, Tojeiro, Lence, Martínez Núñez, Jacinto Rey..., até Dorribo). Polo demais coido que o problema do BNG non está en non querer usar o marketing, o triste é non saber..., pero sobre todo a responsabilidade está nos que convertiron unha ferramenta de vocación transformadora en reformista e pactista (ao servizo do PSOE), en aparato para a caste acomodada da UPG e practicando política clientelar (unha copia do PP, véxase a Deputación de Lugo, e nin así: os veciños de Lugo onde comparten deputación e concellos votaron masivamente ao PP, prefiren o orixinal a unha copia). No BNG poderanse salvar individuos, que os hai válidos, pero a organización quedou liquidada.

12 go!

é triste sotelo, pero levas razón. sorte que beiras e demais montaron algo de esquerda transformadora con éxito, senon estas eleccións puderon ser muitísimo mais deprimentes

13 Iri

A coherencia do BNG ven avalada vía ser o partido máis criticado do país, e cunha militancia totalmente esixente en mellorar e correxir todas as súas incoherencias con madurez. Todos os galegos, compartan ou non as súas ideas saben que no BNG sempre se traballa por Galiza, e a súa labor é usar a palabra, o dialogo e os argumentos para convencer á cidadanía. No ámbito no que falades, traballarase arreo para ser modélicos, o problema é que os inventos que xurden dun xeito populista e como un invento de imaxe cos primeiros erros xa se quere reformular ou sair e inventar un novo pois funciona máis como un grupo de adolescentes. Eu sei que todo isto é aburrido e rancio, e que a xente é moi post-moderna e prefire facer chistes en twitter a ler programas.

14 Iri

sei que sacando a Camilo Nogueira nun debate contra Beiras gañaríase imaxe pois é igual de brillante e máis coherente ca el, sei que se pode explotar a imaxe de perfís atractivos e elocuentes polo BNG, e que? Non me interesa, non son elitista, busco xestores públicos e representantes non líderes nin rock-stars.

15 Odio

Claro, un pode ser unha nulidade coma lider e non liderar a ninguen nin movilizar e axudar aos movimentos sociais, pero seguro que jorquera revolucionaría o pais desde a consellería que lle deixara ter o soe ou feijoo

16 Manu

Iri, non e iso, non é mercadotecnia nin superficialidade. Eu tamén estou coa coherencia e polas ideas claras. Pero por que renuncias a que a xente as coñeza? Por que iso é o que se fai ao poñer de portavoz a alguén que non sabe comunicar. Insisto, non é marketin, é buscar xente capacitada para cada posto.

17 Iri

Si, xa se ve o que importan as ideas. O domingo un partido dun mes triunfou sendo tan aberto no seu galeguismo que nun suposto plebiscito a prol da independencia de Galiza a metade do partido votaría que si e a outra metade que non AHAM. Tan aberto no prano económico que case entra CxG co cal básicamente viria a dicir que non din nada AHAM. Cunha parte do BNG que bebía da tradición de potenciar ao país para sair da crise aliada con IU allea a ese xeito de denfeder Galiza AHAM. E podería seguir, e seguir. Xa che recoñecín a importancia das formas, non cho nego, pero o do domingo é unha derrota das ideas enorme. Estamos ao nivel de votar ao 90% pola "imaxe" que proxectas. Moi triste.

18 Manu

De acordo, para ti é malo que unha organización política faga chegar a súa mensaxe á sociedade, pensas que é mellor que só os militantes coñezan ás propostas do Bloque. Pois daquela está ben, claro. Sobre o que dis de AGE, pois non che falta razón.

19 mk__

Iri, mira, o de que o BNG traballa por Galiza, é unha opinión, respetable, pero opinión. Que critiques as propostas economicas de CxG cando hai dous dias tiñade-los na casa, parece-me dunha coerencia que nen che conto. E non te apuntes pontos que non tendes, a forza mais criticada na Galiza segue a ser o PP. Se cres que o domingo foi por marketing, perfecto, coma en moitas outras cousas, segue a ser a tua opinión, pero non veñas con leas cando nas próximas municipais volte a pasar o mesmo

20 Iri

Que o BNG traballa por Galicia tes a probas obxetivas en vilas como Allariz ou Pontevedra e en doceas de Concellos e pobos galegos. Máis Galiza dentro do BNG manifestaba pluralidade e daba a súa opinión respetando o mínimo común divisor cos demáis grupos dando como resultado unha política de esquerdas, agora sós defenden o que eles queren, e eles entenderan como pactan cos galeguistas de dereitas puros cos que se presentan. Que é como se ian coaligar con EU. Ao PP critícaselle moi pouco no prano ideolóxico, como é posíbel que se sigan presentando como galeguistas sendo como son nacionalistas españois? Isto ven dado pola falla de debate de ideas. Isto todo é inobxetable.

21 Iri

E o que é máis importante. O BNG xa demostrou, dende abaixo, dende as aldeas e vilas que ten a capacidade para convencer con argumentos aos galegos.As alcaldías do BNG son mostra de como xente de toda clase e idade dá maiorías á esquerda galeguista do BNG, con ideas. Para min iso é política. Non facer que un grupo que ten un mes de vida e incoherencias ideolóxicas gañe 9 deputados por un ter a un brillate e carismático persoeiro vivo da nosa histoira de lider, o cal non deixa de ser puro populismo.

22 mk__

Mágoa que Allariz e Pontevedra non teñas mais do 5% da povoacion da Galiza. Se queres, tamén falamos de Malpica, Fene, Corcubión, Noia, Mazaricos, Cambados, etc... que tamen foron concellos gobernados polo BNG. E en moitos dos que che cito poderia falar de politicas caciquis, de esquerdas, ás veces, mas case sempre caciquis. Mentres non me deas probas desas politicas, seguirei supoñendo que son as tuas opinions.

23 mk__

O PP nacionalistas españois, estás cert@? Eu creo recordar non hai demasiado tempo ler algunha cousa dun Francisco Rodríguez decindo que non existia o nacionalismo español, ao mellor agora cambiou de opinión, pero vamos, agradezo ese cambio de opinion. E hai un debate previo ao das ideas, que é o das persoas. Pode ser que á xente da dereita dea-lle igual ter un corrupto, ou cacique representando-o, e a parte da esquerda tamen, pero hai outros que non nos van esas leas, nen cando nos poideran favorecer. Coido que un dos posibles problemas do 21 O é que unha parte do eleitorado xa non cre nas persoas que dan as mensaxes do BNG pola sua práctica política real e cotidian. O cansanzo desas politicas poido facer que entre quedar na casa e votar algo que pode ser que faga algo, optei pola segunda. Ser crermos, algo faria o BNG para que alguen de esquerdas e nacionalista optase por eso e non por eles, non cres?

24 Iri

Vouche contar un segredo, se Finlandia ten pouco corrupción na política é porque na sociedade hai pouca corrupción, e se en México hai moita é porque hai moita na sociedade. Mira as tuas listas, tedes un revolto de frutos secos e de boas pezas de coidado. Cal é a diferenza entre xente coma ti e coma min e as miñas compañeiras e compañeiros ? que nós traballamos para ser modélicos e vós liscades cando hai problemas, lávades as mans, aquelades a peineta, poñedes unhas gafas de pasta e a facer outro partido cunha boa campaña que trage os votos de onde sexa. A ver que ben esnaquizades o invento cando chegue o primeiro problema ou caso de corrupción, porque chegará tranquilo que chegará. De feito, xa che concezo un borrón e conta nova por todos os chanchullos de EU na Galiza.

25 mk__

Non vou xogar ao ti mais. O BNG gañaria por goleada, sobre todo no tema da corrupción e amoralidade. Non sei porque me atribues a militancia en AGE, pero nen ma teño prantexado. O de traballar por ser modélicos, unha de duas, ou me explicas que entendes ti por ser modélicos ou faloche eu de comportamentos "modélicos" de compañeiros teus nos últimos 30 anos, vale? Cando estiras a corda, tes unhas consecuencias, se logo non as asumes, ao mellor non terias que estirar tanto. E se AGE esnaquiza, ou fai politicas que non me gusten, non te preocupes, xa votarei outra cousa, pero mentres outros segan sen recoñecer os seus erros e de utilizar o caciqueo coma xeito de exercer a politica, segueran a non ser unha posible alternativa electoral, non che digo politica. E un paso nese rectificar é pedir perdon aos movimentos sociais que se crucificou; e a definir o que é co-governar, porque mira ti, eso de pagar 2 concellos, 2 deputacions e 2 Xuntas non o vexo moito como boa xestion.

26 mk__

O de acusar de marchar do BNG é ben hipocrita, se queres facer arqueoloxia virtual, bota unha ollada aos comentarios de membros ou simpatizantes da APU antes da Asembleia de Amio incitando a que marcharan do BNG e a que non se atreverian a face-lo. E coma se decidimos ir xantar, eu digo que son vexetariano, e ti dis que imos a unha churrasqueria, eu explicoche que na churrasqueria non teria nada que comer, e logo queixaste de que eu vaia comer a outro lugar, e mira ti, a ampla gama do menu do meu restaurante gosta-lle a mais xente que a tua churrascada. E é aí onde me acusas de rebentar o teu xantar.

27 Iri

Si, é que se alguén quere marchar teno que facer antes da asamblea. Unha vez que concorre, e canto máis se atopa cun empate virtual, ten que ter a decencia democrática de respetar o resultado e seguir traballando. Desgraciadamente tedes a coherencia personificada en centos de militantes que quedaron no BNG despois de apoiar a Beiras. O voso modo de operar, cando aparece un problema lisco, é máis propio de adolescentes máis que de ningún proxecto politico, empresarial, persoal ou académico serio dame igual.

28 mk__

Moi ben Iri, (a pesar de non ser de Anova), nós somos superficiais, infantis, só marketing, adolescentes, etc... e vós os chupi guais, vangarda, coerentes, puros, etc... Que si, que non é unha opinión tua senon a realidade que ti tes as probas pero non as amosas, que vale. Acepto polbo coma animal de compañia. Ahh, e os meus recordos aos Carrumeiros, encirradores, enchufad@s, corruptos, pedófilos, e demais fauna pura que tendes na casa. Pola sombra que veñen curvas e van doer mais. Só agardo que a vosa coerencia chegue a pagar do voso peto toda a déveda do BNG e non teñamos que rescatar-vos.