"Eu non lle boto a culpa a ninguén"

Guillerme Vázquez evita responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñece que "é moi malo". Anuncia que se abre un proceso de "reflexión" na formación. Non descarta recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro. Vídeo no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou este luns mudar a mensaxe que a mesma formación trasladou tras coñecer os resultados electorais do 21-O. Tras unha xuntanza dos seus membros e a postura dun grupo deles de que había que evitar responsabilizar da derrota a outras formacións, a dirección nacionalista acordou asumir as súas responsabilidades.

Membros da Executiva Nacional do BNG
Membros da Executiva Nacional do BNG | Fonte: Bloque

"O resultado é moi malo e esta perda de apoio popular colócanos nunha situación moi difícil", subliñou o portavoz nacional desta formación Guillerme Vázquez. Nun discurso moi diferente ao que onte mantivo o candidato desta formación, Francisco Jorquera, e asumindo as responsabiliades pola baixada de cinco deputados e máis de 130.000 votos, Vázquez destacou que o BNG "tomou boa nota" da "mensaxe" dos cidadáns. "Por iso, pedimos desculpas porque nós tivemos que facer as cousas mal para esta perda de confianza".

Felicitacións a AGE

Por iso, rexeitou culpar dos resultados obtidos á coalición que liderou Xosé Manuel Beiras. O líder nacionalista incluso felicitou á coalición de EU-Anova polos seus resultados e mostrou a súa esperanza de que a súa oposición "sexa útil para facerlle fronte" ao PP. Ademais, non descartou, no futuro, volver a recompoñer as relacións con Anova e con Máis Galiza. "Non temos prexuízos e o que teña que acontecer, acontecerá", dixo.

"Eu non lle boto a culpa a ninguén, e sobre todo, a outra forza política que nos superou en votos", dixo en relación á derrota do BNG e tras subliñar que a súa formación terá que analizar "o que se fixo mal" para tentar "corrixilo". 

Así, recoñeceu que para o BNG iníciase, agora, unha "etapa difícil", case unha "travesía no deserto", indicou, e anunciou que os cargos da formación analizarán a situación creada "coa cabeza fría".

 

O modelo BNG "non está esgotado"

 

En todo caso, Vázquez quixo deixar claro que o modelo do BNG "non está esgotado". "Se o crese agora estaría a coller un cruceiro ás Bahamas", ironizou nunha sala de prensa inzada de medios de comunicación de todo o Estado.

 

Con todo, lamentou que o nacionalismo galego non saíse reforzado nunha conxuntura política na que, dixo, as forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña crecen e expoñen novos "modelos de estado" aos que non poderá aspirar Galicia.

"Poderes e contrapoderes"

Unhas declaracións que tiveron lugar tras a reunión da Executiva nacionalista que acordou celebrar leste mesmo sábado un Consello Nacional para avaliar a actual situación da formación e tomar as "decisións que fagan falta".Sobre o proxecto nacionalista matizou que, quizais, o BNG "non soubo transmitir ou non lle deixaron transmitir con claridade" a súa mensaxe. Unha situación da que responsabilizou a "poderes e contrapoderes" contra os que hai que "loitar".

Os nacionalistas celebrarán este sábado unha xuntanza do seu Consello Nacional. Con todo, entre as decisións, non está, polo menos polo momento, a dimisión de Francisco Jorquera. "No BNG non tenenos niguna razón para expornos esta cuestión", dixo Vázquez a preguntas dos xornalistas. "Foi o noso candidato á Xunta e por pura lóxica será o portavoz no Parlamento", engadiu. 

Velaquí o vídeo difundido pola fronte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 154 comentarios

43 Xoelho

Eu si que lhe boto a culpa a alguén, á ignorancia do pobo galego. Comparémonos coas outras dúas nacionalidades minoritarias, País Vasco e Cataluña. Eles valoran e defenden a súa propia identidade, progresan, están máis desenvolvidos economicamente, son máis cultos ca nós. Nós estamos moito menos desenvolvidos, tanto económica como mentalmente, non valoramos o noso, temos complexo diante de Castela, desprezamos a nosa lingua, somos ignorantes, especialmente no rural, que é onde ganhou con máis diferencia o PP.

1 Xoelho

Nivel cultural, desenvolvemento económico, valoración e defensa da propia identidade e votar menos en contra dos propios intereses son cousas que van unidas. Nós, os galegos, facemos todo o contrario, e así nos vai. Alguén dixo hai tempo que en Madrid temen aos vascos, odian aos cataláns e despréciannos aos galegos. Por algo será, porque somos burros e aínda non aprendemos. É o que hai. E por se iso fose pouco, a esquerda nacionalista deste país, para non desentonar coa psicoloxía xeral do noso pobo, actúa coa mesma torpeza, con sectarismo, facilitando así as cousas á dereita centralista en vez de formar frente común para mudar as cousas.

2 Xoelho

Cataláns e vascos loitan e progresan. Nós, os galegos, emigramos, calamos a boca e votamos polos que mexan por nós e dicimos que chove. Así somos.

3 foreveryoung, anda.

Quén é ninguén, Guillermito e todo o que representa internamente no BNG da UPG? e que terían que autoinculparse. Patético.

4 ninsuboninbaixo

Xoelho: En troques de cuspir contra os galegos e galegas, reflexiona se non será por que non entenden a mensaxe que lles chega, ou mellor que non lles chega, deses que se din que defenden a Galicia como a UPG?

5 mk__

O malo é que si lles chega a mensaxe do BNG, a de colocar aos seus, a de dar prebendas.... ese caciqueo si que lle chega, e moi clariño.

6 ARTUR

Tampouco hai que pasar-se...O único que lle falta a Galiza para parangonar-se con Euskadi ou Catalunya- eleitoralmente falando -é un PNB ou unha CIU que poña ao PPespañoleiro no sitio que lle corresponde: o 10 % dos votos...Polo demais, BNG+AGE ben equivalen a unha Bildu ou a unha ERC en horas altas....Curioso é que neste forillo de cainitas non se fale da mala noticia da noite (se é que a boa foi AGE): os pésimos resultados de Compromiso por Galiza, o partido mais necesario, a medio prazo, para a nación- unha vez se aclare ideolóxicamente e proceda a levar a cabo a súa tarefa e verdadeira función que non será outra que arrepañar-lle votos ao PP até lograr que sexa imposibel que este poida voltar acadar unha maioria absoluta......

7 Gundar

É certo, Artur. Eu sempre votei nacionalismo, pero tamén sempre me abraiou o enorme descoñecemento que o nacionalismo galego tén do propio pobo galego.

8 XanKaraLLás

Artur, en Galicia non hai praticamente nacionalismo de dereitas porque o capitalismo, os empresarios galegos non son galeguistas, non hai burguesía, empresariado, nacionalista. É a grande diferencia entre a situación de Galicia e o País Vasco ou Cataluña. Os empresarios galegos apostan pola dereita estatal, e por iso non crean partidos nacionalistas de dereitas, salvo anécdotas como Terra Galega ou Compromiso por Galicia, que non pintan absolutamente nada. Aquí se renunciou á identidade propia, probablemente xa desde a derrota dos Irmandiños.

42 fwrs

a dimisión de Jorquera? Jorquera é un bo parlamentario. A derrota do BNG non é cousa de Jorquera. Dimitir tiñan que dimitir tod@s @s membr@s do consello nacional. Comenzando pola ilustrísima nº 2 da lista D'A Coruña. Amén.

1 memo

que vaia de candidato do bnupg o alcalde de pontevedra que é bo chaval e nunca rompeu un prato. ja ja ja ja ja . hipócritas , cínicos, enganabobos da peatonalizazón, ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja. propaganda da upg , anxos asexuados que non fixeron nunca mal. pois iso, que proben a meterlla dobrada ao eleitorado a nivel de país có alcalde de pontevedra, levádeo para casa e dádelle de comer. jajajaja

41 LemavoGZ

"Eu non lle boto a culpa a ninguén"; claro, non lle botas a culpa a ninguén do BNG que ao Beiras e máis a AGE ben que os crucificades...a vosa estratexia contra o Beiras foi rastreira ademáis de patética e só demostra a vosa mediocridade e a vosa incapacidade. Se queredes chegar a algo e ser uteis pra Galiza máis vos vale comezar a pensar coa cachola no canto de pensar co cú.

40 Calritos Falón

E carlos Callón qué di?

39 Os coroneis da UPG

Debate? Crítica? Pensamento crítico? Pensamento ? Na UPG...?