"Eu non lle boto a culpa a ninguén"

Guillerme Vázquez evita responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñece que "é moi malo". Anuncia que se abre un proceso de "reflexión" na formación. Non descarta recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro. Vídeo no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou este luns mudar a mensaxe que a mesma formación trasladou tras coñecer os resultados electorais do 21-O. Tras unha xuntanza dos seus membros e a postura dun grupo deles de que había que evitar responsabilizar da derrota a outras formacións, a dirección nacionalista acordou asumir as súas responsabilidades.

Membros da Executiva Nacional do BNG
Membros da Executiva Nacional do BNG | Fonte: Bloque

"O resultado é moi malo e esta perda de apoio popular colócanos nunha situación moi difícil", subliñou o portavoz nacional desta formación Guillerme Vázquez. Nun discurso moi diferente ao que onte mantivo o candidato desta formación, Francisco Jorquera, e asumindo as responsabiliades pola baixada de cinco deputados e máis de 130.000 votos, Vázquez destacou que o BNG "tomou boa nota" da "mensaxe" dos cidadáns. "Por iso, pedimos desculpas porque nós tivemos que facer as cousas mal para esta perda de confianza".

Felicitacións a AGE

Por iso, rexeitou culpar dos resultados obtidos á coalición que liderou Xosé Manuel Beiras. O líder nacionalista incluso felicitou á coalición de EU-Anova polos seus resultados e mostrou a súa esperanza de que a súa oposición "sexa útil para facerlle fronte" ao PP. Ademais, non descartou, no futuro, volver a recompoñer as relacións con Anova e con Máis Galiza. "Non temos prexuízos e o que teña que acontecer, acontecerá", dixo.

"Eu non lle boto a culpa a ninguén, e sobre todo, a outra forza política que nos superou en votos", dixo en relación á derrota do BNG e tras subliñar que a súa formación terá que analizar "o que se fixo mal" para tentar "corrixilo". 

Así, recoñeceu que para o BNG iníciase, agora, unha "etapa difícil", case unha "travesía no deserto", indicou, e anunciou que os cargos da formación analizarán a situación creada "coa cabeza fría".

 

O modelo BNG "non está esgotado"

 

En todo caso, Vázquez quixo deixar claro que o modelo do BNG "non está esgotado". "Se o crese agora estaría a coller un cruceiro ás Bahamas", ironizou nunha sala de prensa inzada de medios de comunicación de todo o Estado.

 

Con todo, lamentou que o nacionalismo galego non saíse reforzado nunha conxuntura política na que, dixo, as forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña crecen e expoñen novos "modelos de estado" aos que non poderá aspirar Galicia.

"Poderes e contrapoderes"

Unhas declaracións que tiveron lugar tras a reunión da Executiva nacionalista que acordou celebrar leste mesmo sábado un Consello Nacional para avaliar a actual situación da formación e tomar as "decisións que fagan falta".Sobre o proxecto nacionalista matizou que, quizais, o BNG "non soubo transmitir ou non lle deixaron transmitir con claridade" a súa mensaxe. Unha situación da que responsabilizou a "poderes e contrapoderes" contra os que hai que "loitar".

Os nacionalistas celebrarán este sábado unha xuntanza do seu Consello Nacional. Con todo, entre as decisións, non está, polo menos polo momento, a dimisión de Francisco Jorquera. "No BNG non tenenos niguna razón para expornos esta cuestión", dixo Vázquez a preguntas dos xornalistas. "Foi o noso candidato á Xunta e por pura lóxica será o portavoz no Parlamento", engadiu. 

Velaquí o vídeo difundido pola fronte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 154 comentarios

33 Coiro

Primeiro as declaracións de Jorquera, sic, " somos umha equipa campeona"...? e agora Guillerme que non atopa responsables. Pois nada home, seguide así que xa virá outro Prestige que vos bote unha man. Vai sendo hora de tirar a estrela vermella da nosa bandeira. Renovarse ou morrer.

32 Breoghain

O Bloco terá de limpar a sua casa de todo o que não val para nada e prejudica a sua imagem. Ademais de honrado tem que semelha-lo. A imagem também conta para os votantes. A racionalidade brilha pola sua ausência na maior parte do eleitorado. Em concelhos como Vigo, Cotobade, et,etc e na dirigência, o Sr. Vazquez da-va má imagem a falar de derrota com face sorrinte. Será por ironia ou o que queiras mas dá má imagem. Muitos vimos como o nosso voto "patriótico" e não de aderência total ao Bng não serviu de muito. Urgente uma recomposição do nacionalismo aceitando também ao independentismo, os centros sociais, associações diversas. etc. Isso ou ver morrer Galiza definitivamente baixo o neo-franquismo.

31 Nilo

Agora o BNG non só ten que loitar con argumentos contra os prexuízos da dereita (só existe o nacionalismo galego e é moi malo e os nacionalistas imperialistas españois son non-nacionalistas que queren a Galicia) senón que agora tamén hai que loitar con unha campaña de imaxe na que se apoia parte da esquerda (todos no BNG incluso os que votaron a Beiras en Amio son moi malos, esencialistas e pechados e todos da UPG) para proxectarse como moi abertos e new-age. E eu a isto négome a contestarlle con campañas de imaxe e máis prexuizos, ideas e argumentos, senón nos deixan alo menos manterase a coherencia e que mentres Galicia poña de presidente a Schwarzenegger

1 Nilo

A min esta esquerda tan aberta que non di nada, e instalase no nihilismo paréceme o paso previo a outro tipo de fascismo populista.

2 Eúfrates

Nilo: Recolles o que sementas, agora a pandar co resultado, o BNG-UPG xa é historia

3 Nilo

Vou empezar a meter un céntimo nun bote cada vez que alguén me contesta con prexuízos e non con argumentos. Que fai falta aforrar.

30 XAN

Lástima que tiveran que esperar ó batacazo eleitoral para darse de conta cando levaban 20 anos dicíndollo os actuais escindidos.

1 ssss

Xan e logo estes escindidos non estaban, - e un decir- no bNG?

29 Brais Pinto

Por que non deixades de falar dunha cousa que non existe, o BNG, e falades da UPG?

1 un galego

e mais sublime é que uses como nome Brais Pinto, un manipulador como tí, acabaronse as eleccións, machacachedes ao BNG e 2 días despois aínda seguides coa leria. Galicia vos agradecerá eternamente o traballo feito, Galicia por riba de todo

2 Nilo

Tiñas onte a Camilo Nogueira dando a cara por unha derrota que non é súa ao carón de Jorquera e representando a miles de galegas e galegos independentes que traballan polo BNG. Madurez, ideas claras, coherencia. É insultante que te rebaixes a usar os prexuízos como estratexia dañando a xente moi noble que traballa limpamente en lugar de usar argumentos.

3 ssss

Brais Pinto, o afiador que nunca existiu, lembra que se pode falar oxe de nacionalismo galego é gracias a UPG, mal que che pese

4 mk__

Que si oh, que si, queres o monumento ao caron de Castelao ao á dereita de Fraga?