O coronavirus tamén afecta aos movementos reivindicativos

Aprazada a foliada convocada pola Plataforma Mina O Pino-Touro Non para o día 14 de marzo ante as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias e evitar así posibles contaxios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/03/2020 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino Non  apraza a Foliada Fin da Mina prevista para o sábado día 14 de marzo. Os motivos alegados pola plataforma veciñal son as actuais medidas preventivas para atallar a expansión do coronavirus.

Entidades contra o proxecto da mina de Touro.
Entidades contra o proxecto da mina de Touro.

Desde a agrupación veciñal contraria á apertura da mina sinalan que non poden manterse alleos e alleas á actual situación sanitaria “que se está a vivir a consencuencia do coronavirus”. Desta maneira, ante as as recomendacións das administracións autonómica e central, a plataforma tomou “a difícil decisión de aprazar a foliada para evitar así un potencial incremento de contaxios entre o público asistente”.

Sobre todo queren evitar contaxios entre a xente maior a quen lles adicaban especialmente o encontro “por todo o apoio prestado durante todo este tempo pese ás dificultades que en moitas ocasións lles suponía non poder acudir a tódolos actos organizados contra a mina”.

Non obstante, o aprazamento non é unha anulación da foliada, pois en canto a situación sanitaria se normalice e non haxa risco de contaxios, a pretensión é retomar a celebración con todas as garantías. Con todo, as actividades da plataforma seguirán enfocadas en actividades para acabar coa contaminación existente na contorna da mina e a eliminación dos cheiros procedentes das actividades da mesma.

Logo da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa para o proxecto mineiro de Touro, a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON convidara a toda a cidadanía a celebrar a fin do proxecto que destruía os medios de vida da zona e suporía graves afeccións tamén para a saúde. Este vindeiro sábado 14 de marzo era o día escollido para festexalo.

Para a celebración contábase coa colaboración de dez artistas e grupos musicais galegos que, desde o primeiro momento, se mostraron dispostos a participar solidariamente. Tamén estaban convidados a participar diversos colectivos medioambientais que exporían nunha charla a situación actual das súas loitas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta