As "distancias" de Feijóo e Rajoy

Os principais xornais económicos recollen que a victoria de Feijóo dalle osíxeno a Rajoy pero destacan que o presidente galego evitou dar mítines con el.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/10/2012 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

A visión no extranxeiro sobre os resultados das eleccións galegas e bascas é moi diferente. Así, mentres os principais xornais económicos destacan que en Euskadi a xente apostou polo soberanismo --seguindo os pasos de Cataluña--, en Galicia, Rajoy recibiu os apoio dos galegos as súas medidas económicas.

Rajoy e Feijóo no pasado congreso de Sevilla
Rajoy e Feijóo no pasado congreso de Sevilla | Fonte: pp.es

O correspondente do Financial Times  en España, Miles Johnson, asegura que a victoria de Feijóo dalle osíxeno ao goberno de Rajoy logo da política de recortes iniciada desde que chegou ao goberno. Ademais, lembra que a política galega estivo baixo control do PP os 24 dos 30 anos da autonomía e puntualiza que Rajoy, ao igual que o "ex ministro de Frango", Manuel Fraga --"que foi presidente aquí durante 16 anos"--, eran galegos. 

Con todo, puntualiza que Feijóo evitou, en campaña, aparecer ao lado de Rajoy, e suliña que a súa victoria producese logo do aumento da astención en 6,8 puntos con respecto ás eleccións de 2009.

Tamén incide nesta idea o Wall Street Journal que puntualiza que Feijóo distanciose durante a campaña de Rajoy e empregou o lema "Galicia primeiro, en lingua galega". "Só fixeron unha aparición conxunta durante a campaña", escribe.

Máis desemprego

En todo caso, lembra que o resultado en Galicia producese cando as empresas galegas sufriron duramente a crise e cando un dos seus grandes bancos tivo que ser intervido. "A taxa de emprego duplicouse, ata chegar ao 21%, desde que Feijóo foi elixido presidente en 2009", recolle e sinala que decidió adiantar as eleccións galegas ante o risco dun rescate internacional porque "podería traer máis medidas de austeridade e provocar disturbios".

Pola súa banda, o Liberation francés destaca que Galicia "salvoulle a faciana" a Rajoy tras a posta en marcha das súas políticas económicas. "O escrutinio foi bo para Rajoy nesta rexión de 2,8 millóns de habitantes tradicionalmente conservadora, onde a crise está facendo das súas con un paro do 21%", sinala o rotativo francés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Independencia e socialismo

As eleccións burguesas son unha pantomima. O de votar é un acto liturxico como ir a misa. A verdadeira loita está na rúa. O total de forzas parlamentarias están respaldadas tan só por un 47% dos votos. O PP perdeu un 17.5 % de votantes sobre as anteriores eleccións (150.000 votos). O PSOE perdeu un 44% dos votos. O PP gobernará con maioria absoluta con tan só o respaldo do 24.25% dos galegos. O PSOE co 10.5% dos galegos. Os abstencionistas igualan aos votantes, só que se maquilan os resultados porque por vez primeira non contabilizan coma abstención os residentes no exterior que non solicitaron o dereito ao voto. Están lexitimados para gobernar? ti decides. A loita está na rúa.

1 Fóra do país dos ananos

Si, se iso do PP e do PSOE é seguramente certo e está moi ben, pero o da "loita na rúa" como se computa e con que criterios de representatividade? Moi confuso, moi confuso...