"Queremos traballar e non emigrar" berran na Coruña os traballadores do sector elecrointensivo

Piden un novo estatuto nunha manifestación que partiu desde a Delegación do Goberno ata a Subdelegación.

Por Europa Press / Redacción | CORUÑA, A | 11/03/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Mil persoas, segundo os convocantes, e 500, segundo a Policía Local, manifestáronse na Coruña para reclamar ao Goberno a aprobación pola vía de urxencia dun estatuto electrointensivo que garanta unha regulación enerxética "adecuada" para esta industria e a continuidade dos postos de traballo.

Coa participación de traballadores das distintas industrias electrointensivas de Galicia, a manifestación partiu desde a Delegación do Goberno ata a Subdelegación. No regreso, fixeon o mesmo percorrido ata a praza de Ourense, onde procederon á queima de pneumáticos e á lectura dun manifesto.

Durante a protesta, corearon lemas como "se non hai solución, Maroto dimisión", en alusión á ministra de Industria; "o estatuto onde está" ou "queremos traballar e non emigrar". Tamén portaron unha pancarta na que se podía ler "Pola defensa do emprego e a industria electrointensiva", no marco dunha mobilización convocada por CCOO, CIG e UXT.

E é que, para os seus dirixentes sindicais, aínda aprobando o estatuto presentado polo Goberno, sería "insuficiente". "Habería que tomar medidas complementarias para que as empresas da enerxía puidesen seguir cun prezo xusto e competitivo", expuxo Xoán Xosé Bouzas, secretario xeral da Federación de Industria da CIG.

POSIBLES PECHES

Por outra banda, recriminou ao Goberno e a Xunta non estar a facer "nada" polo sector. "Temémonos o peor", dixo ao non descartar peche de empresas e perda de emprego "e que moitas comarcas do noso país queden sen sector industrial". Advertiu de mobilizacións "máis contundentes" despois da convocada este mércores se non se mellora o estatuto e aténdense as súas alegacións. Instou ao Executivo central a "tomar medidas". "Este non é o estatuto que necesitamos, non cumpre para que a enerxía sexa máis barata", concluiu.

Á súa vez, Javier Carreiro, secretario xeral de UGT-FICA Galicia, confiou que se acepten as alegacións presentadas polo sindicatos. "Non é o momento de cores políticas, se non de unificar criterios e póñase por diante un estatuto que nos valla", dixo antes dunha mobilización na que participaron representantes políticos de Anova, Marea Atlántica ou o BNG.

Pola súa banda, o secretario xeral de Industria de CCOO en Galicia, Víctor Ledo, lembrou que o pasado día 3 terminou o estudo das alegacións. "O Goberno carece de folla de ruta", dixo tras criticar que non se puxese en contacto coas organizacións sindicais. Ante este contexto, fixo un chamamento a todos os grupos políticos "a que non apoien un estatuto que non garanta os empregos do sector electrointensivo". E é que, segundo precisou, entre directos e indirectos, son unhas 10.000 persoas en Galicia as afectadas.

A industria electrointensiva mobilízase en defensa dun estatuto para o sector. CIG
A industria electrointensiva mobilízase en defensa dun estatuto para o sector. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta