Caamaño pide unha renovación "urxente"

Di que ten que ser Pachi quen controle o proceso cara a unha asamblea do PSdeG pero advirte que non ten porque ser o voceiro parlamentario.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/10/2012 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Nin dous días despois pasaron das eleccións do pasado domingo o PSdeG é un fervedoiro. Logo da xuntanza da dirección socialista deste luns na que se decidiu convocar un congreso extraordinario para o vindeiro ano, e logo das peticións de dimisión a Pachi Vázquez que chegan desde algúns ámbitos do PSdG, o candidato deste partido na Coruña, Francisco Caamaño, considera "urxente" una renovación orgánica de todo este partido.

Francisco Caamaño
Francisco Caamaño | Fonte: psdeg

"É unha derrota sen paliativos", admitiu Caamaño sobre os comicios do pasado domingo. Un voto, reflexionou que se concentrou na coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), e que foi froito, en parte, polas diferenzas xurdidas no seo do PSdeG, "que non foi quen de crear unha alternativa sólida" e á que atribuíu un "problema profundo de credibilidade".

Voceiro parlamentario

En todo caso, Caamaño recoñece que eses cambios no PSdeG deben facerse con calma e, por iso, avogou porque sexa Pachi Vázquez quen ordene esa transición e, polo tanto, que se "manteña" como líder transitorio do partido ata o novo congreso. Pero tamén advertiu que o candidato nesta eleccións non ten porque ser o voceiro parlamentario. 

En rolda de prensa, para valorar os resultados electorais, Caamaño rexeitou, con todo, que o que foi candidato á Presidencia da Xunta asuma a portavocía no Parlamento galego, argumentando que a cidadanía o entendería con dificultade". Mentres, atribuíu a "responsabilidades colectivas" a derrota do seu partido nestes comicios.

"Estratexia profunda"

O ex ministro de xustiza tampouco fuxiu das súas propias responsabilidades e sinalou que cando asumiu este cargo e ser cabeza de lista pola provincia da Coruña era "consciente"  da situación do seu partido. "Agora toca reformular unha estratexia profunda, tanto a nivel nacional como autonómico, para recuperar o electorado de esquerda", indicou.

Por iso, convocará "previsiblemente" para este venres reunión da executiva do PSOE coruñés para celebrar daquela un comité provincial e iniciar unha "renovación imprescindible nas ideas e nos procedementos". "Algúns sentimos defraudados, pero traballamos como os que máis en defensa dun proxecto para Galicia", sinalou Caamaño.

Caamaño, que apoiou a Carme Chacón no seu enfrentamento con Rubalcaba e que mesmo se postulou a liderar o PSdeG, evitou, en todo caso, falar de dimisións. "Agora toca reflexionar e tentar traballar por este partido", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

10 Toñito

Caamaño en 1 ano de cabeza de lista por Coruña obtivo os 2 peores resultados do PSOE na historía, dimitirá non?

9 Circo burgués

Fraude esatadístico por parte da Xunta. O PP perde un 17.5% dos votos o PSOE perde un 44%. Néstas eleccións participaron 238.541 galegos menos. Censo do 2.009 2.691.570 participación 1.706.198 (63,39%) oficial (64.43%)Censo do 2012 1.467.657 (54.42%)oficial (63.80%) Como é posible? porque por primeira vez a Xunta non contabiliza coma abstención os abstencionistas residentes no extranxeiro que non solicitaron o dereito ao voto. A participación caeu un 9%. O PP gobernará con maioria absoluta con só o 24.25% dos galegos. O PSOE co 10.89% dos galegos. O total das forzas parlamentarias representan tan só o 47.95% dos galegos. Están lexitimados para gobernar? ti decides.

1 Sra. de Fernández

¿E o estatuto de autonomía será lexítimo? Ao mellor habería que devolver competencias a Madrí pq a abstención foi do 80%

2 totocotunho

O estatuo fio e é lexítimo mentres interese a Madrí. En todo caso esa abstención na sua orixe na transición non é máis que un argumento para liquidalo, é certo. Pero o estatuto non é mási que Estado e o Estado decidirá como sempre por enriba do pobo, coa sua votación cativa, ou nen sequera dando a oportunidade de opinar formalmente.

3 A fulana de Fernández

Satisfeito co estatuto? aledome, eu non estou. O estatuto non representa nada no camiño da nosa soberanía. É unha ferramenta mais de dominación, que nin siquera ten as ferramentas de soberania lexislativa ou fiscal do mal estado federal ianqui. Aledome que estedes satisfeitos co sistema e grupos sistémicos que cada vez están mais desacreditados e deslexitimados . Teño envexa de vós, por non compartir a vosa esperanza. Ao fin e o cabo, a felicidade sempre foi patrimonio dos simples.

4 A ghicha de Fernández

De paso podes devolver a constitución española i europea que non foi refrendado polo 50%.

5 A querida de Fernández

E ao rei de copas, que non tampouco ninguén votou.

6 O anxo da garda de Fernández

Home, e o pucherazo de OTAN!!!! foi de libro.

7 Pepon

Exacto Sr de Fernández. Nós votamos se queremos autononía e vascos e cataláns independencia, era o que queria dicer vocé, non? E tamén monarquía/república.para cando?

8 un socialista

Ós que critican aquí a Lage non teñen nin p... idea do gran político e gran traballador que é. Muitos tedes que aprender del. A cama que lle fixo Caamaño co aparato vazquista non ten nome

1 Menos lobos

Pois sería de agradecer que empezase a demostrar a súa "enorme" valía nunha actividade allea á política. Xa vale de políticos profesionais que entran nos partidos case que con biberón a están ahí movéndose de cargo en cargo ata a xubilación.

7 lampedussa

TODO debe cambiar para que TODO siga igual

6 Cándido

Pero quen carallo é Besteiro. O escudeiriño de Blanco en Galicia, ¿non?. Ese non vale pra nada. E ademais, fora do Parlamento, ¿qué carallo vai facer?. Non empecedes a liala máis do que xa está liada a cousa. A renovación do partido ten que vir de alguén que se poida enfrantar a Feijóo directamente no Parlamento.