Caamaño pide unha renovación "urxente"

Di que ten que ser Pachi quen controle o proceso cara a unha asamblea do PSdeG pero advirte que non ten porque ser o voceiro parlamentario.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/10/2012 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Nin dous días despois pasaron das eleccións do pasado domingo o PSdeG é un fervedoiro. Logo da xuntanza da dirección socialista deste luns na que se decidiu convocar un congreso extraordinario para o vindeiro ano, e logo das peticións de dimisión a Pachi Vázquez que chegan desde algúns ámbitos do PSdG, o candidato deste partido na Coruña, Francisco Caamaño, considera "urxente" una renovación orgánica de todo este partido.

Francisco Caamaño
Francisco Caamaño | Fonte: psdeg

"É unha derrota sen paliativos", admitiu Caamaño sobre os comicios do pasado domingo. Un voto, reflexionou que se concentrou na coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), e que foi froito, en parte, polas diferenzas xurdidas no seo do PSdeG, "que non foi quen de crear unha alternativa sólida" e á que atribuíu un "problema profundo de credibilidade".

Voceiro parlamentario

En todo caso, Caamaño recoñece que eses cambios no PSdeG deben facerse con calma e, por iso, avogou porque sexa Pachi Vázquez quen ordene esa transición e, polo tanto, que se "manteña" como líder transitorio do partido ata o novo congreso. Pero tamén advertiu que o candidato nesta eleccións non ten porque ser o voceiro parlamentario. 

En rolda de prensa, para valorar os resultados electorais, Caamaño rexeitou, con todo, que o que foi candidato á Presidencia da Xunta asuma a portavocía no Parlamento galego, argumentando que a cidadanía o entendería con dificultade". Mentres, atribuíu a "responsabilidades colectivas" a derrota do seu partido nestes comicios.

"Estratexia profunda"

O ex ministro de xustiza tampouco fuxiu das súas propias responsabilidades e sinalou que cando asumiu este cargo e ser cabeza de lista pola provincia da Coruña era "consciente"  da situación do seu partido. "Agora toca reformular unha estratexia profunda, tanto a nivel nacional como autonómico, para recuperar o electorado de esquerda", indicou.

Por iso, convocará "previsiblemente" para este venres reunión da executiva do PSOE coruñés para celebrar daquela un comité provincial e iniciar unha "renovación imprescindible nas ideas e nos procedementos". "Algúns sentimos defraudados, pero traballamos como os que máis en defensa dun proxecto para Galicia", sinalou Caamaño.

Caamaño, que apoiou a Carme Chacón no seu enfrentamento con Rubalcaba e que mesmo se postulou a liderar o PSdeG, evitou, en todo caso, falar de dimisións. "Agora toca reflexionar e tentar traballar por este partido", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

5 cesar do corgo

Lage Tuñas non por Dios. Tipico exemplo de político profesional ata o punto de casar cunha compañeira de partido o mais puro estilo UPG. Que tio mais mediocre. Dame noxo oilo falar

1 Renovarse o morir: morir

Yo a Lage Tuñas, como mucho lo pondría en el número 5. De número 1 pediría la vuelta de Paco Vázquez, de número 2 a Mar Barcón, de 3 a Antolín Sánchez Presedo, de 4 a Moreda y de 5 a Lage Tuñas. Con Pepe Blanco como Presidente de Honor. Esta es la renovación que en mi opinión debería hacer el PSdG.

2 morir e logo resucitar

epaaaa... k se che esquece a ese remedo-sucedaneo en plan copia china do paco vasquez que e abel caballero. a ese onde o votas??

4 jos

Há que renovar: quita-te-pachi-que-me-ponho-eu :-D

1 jos

O PSOE tem de desaparecer na Galiza, porque não é mais do que a marca branca do PP.

2 pelouro

ten narices que Caamaño pida renovarse, non fuches ninguén, NI O VAS SER, o prósimo candidato ser besteiro, e se leva a esta xentiña , que conte que terá a maioria das agrupacións socialistas en fronte, NON PODEMOS SEGUER A TELOS MESMOS A CHUPAR DO TETO, caamaño, vaite para madrid, que para iso non renunciaches a tua acta de pitutado

3 harto ya de estar harto...

a culpa de todo e das bases que non traballaron de abondo para que nos puideramos serguir mantendo o noso status di home di... que no fondo e o que pensades todos

2 harto ya de estar harto...

a culpa de todo e das bases que non traballaron de abondo para que nos puideramos serguir mantendo o noso status di home di... que no fondo e o que pensades todos

1 Charly

Xa vexo a renovación do PSdG, "vuelta de Moreda y Lage Tuñas". E no estado español, para Caamaño a renovación é que volva Carme Chacón, a "pacifista" que meteu a España na guerra de Libia. O PSOE non sei como tantos votos ten.