Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

5 eunxamón

¡Comandante de Artillaría D. Carlos Aymerich Luengo, caído por Dios y por España durante nuestra cruzada de liberación! ¡Presente!

4 Xelo

Que é Abrente ? Cantos afiliados ten? Carlos que listo fuches que non quixeches ir de terceiro pola Coruña, a pesar de que viven en Oleiros, onde por certo o BNG nunca pasa dun concelleiro. Non tes ningunha credibilidade, nin hai futuro no BNG contigo

3 Letanías

Carlos, Carlos... un insultador profesional coma ti co rabo entre as pernas agora.

2 Tarde piaches

Pobre Aymerich, pasaches de presunto traidor ós teus de +Galiza a humillado do BNG co seu desastre. Non tes credibilidade ningunha, marcha por fin para a universidade.

1 Adolfo Bermúdez

Se cadra se chimpan a estrela vermella da súa simboloxía e comezan a empregar "Galicia" no canto de "Galiza" xa sería un comezo, insuficiente, pero na boa dirección. Cando menos sería o comezo da reorganización do nacionalismo pola esquerda.

1 Bermudas

será do rexionalismo polo centro.

2 Miriam

Eu nom votei Compromiso por Galicia. Se fosse coa Galiza teria-os votado.

3 Mairim

Miriam, que barbaridade, que agudeza política. Pois eu só os votaría se fose Compromisso Com A Galiza. Isolacionista!

4 Sebastião

Eu só os votaría se se chamasen Compromisso Com O Norte da Terra.

5 Rusista

Eu so os votaría se se chamasen обязательства Галиции.

6 xaab

Pois eu sí que lles votei e contento que estou ... outra vez será. Por certo, e agora máis en serio, se volven para o BNG ou para Anova/AGE... retírolles o voto.