Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

55 carballo

E o alcalde de Carballo do bng, para cando?

54 Coruñés

Os escindidos do BNG tamen estuveron no bipartito, pero parece que a amnesia impidelles recoñecer que estiveron alí. Determinadas cousas como Carrumeiro, Diputación de Lugo...co tipo de comentarios que facedes coincidides co PP, lembrovos que a vosa xestión no bipartito (a dos escindidos) non foi ala mui tal, so que eu a diferencia de vos non penso entrar en comentarios que representan a inconsciencia, o insulto e o infantilismo do que non sabe o que é a política...o BNG non é de esquerdas pero darlle a mao a Fraga si (conste que eu do xesto de Beiras de darlle a mao a Fraga non digo nada so volo recordo aos que vedes a palla no ollo alleo e non vedes a que tedes no propio.

1 Rabuñán

Coruñés, ti estás ao tanto do que pasou o domingo? Deixa algo de esterco para botarlle a leira, por favor!

2 Coruñés

Eu non estou no BNG(recoñezo iso que os votei pois era a única opición nacionalista) so que miro as cousas sen tanta paixón. Darlle a mao a Fraga e ir a comer con el, apradiñar os pactos con CIU e PNV (que eu non critico pero vos si), darlle entrada a unha forza política española na política galega, estar nove meses (e oito anos antes) indose de unha organización, non é botar esterco son cousas que pasaron aínda que alguns non queiran velas. Entendo que non teñades a UPG por amigos (normal con algunhas declaracions que fan que dan pena)pero non vos enganedes non é ouro todo o que vos venden e senon xa o veredes. E bon que no nacionalismo haxa pluralidade agora aliarse con españolistas non é nacionalismo e outra cousa. Eu nunca votarei un partido español e cando haxa unha alternativa de centro nacionalista e con contidos sociais deixarei de votar BNG sen rencores

3 anonimo

pois para darlle a man a Fraga estaban todos dacordo. Ou pensas que foi un acto individual???

4 Coruñés

Anonimo eu so digo que as politicas do BNG foron as de Beiras durante muitos anos e non vale decir eu alí so estaba de paso. En política a parte de enredar hai que ser algo serios, medir os tempos, as formas. Con isto non defendo ao BNG so digo que o nacionalismo por resposta a erros ou manipulacions de dinosauros politicos (incluindo os que fican no BNG) non pode derivar en españolismo. Se se sae do BNG non debería ser para facer españolismo senon para crear pluralidade ou outra forma de facer país.

53 Markos

Imos ver intelixentes todos, o que falta no BNG é un líder con carisma e discurso que calle na poboación máis proclive ao nacionalismo. (400.000 votantes nos mellores momentos de Beiras). Podedes darlle as voltas que queirades, sen que ascendan os que conectan coa sociedade. Aínda non entendemos como o alcalde de Pontevedra, o que mellor conecta coa poboación, non foi candidato. E non valen as escusas que pon de que é moi maior.

1 atleta2016

Markos, eu tampouco entendo como o alcalde de Pontevedra, que cumprirá 16 anos de mandado (e subindo) non é candidato. Misterios !!!

2 Sempre en Galicia

¿Vos pensades que Lores está tan mal da cabeza como para meterse agora a tratar de salvar a ese medio morto que é o Bloque? moi trabucados estades, co tranquilo que está en Pontevedra onde lle vai ben nin pensará moverse de aí e máis aínda vendo o panorama que ten o partido arestora...

3 Da Portela

Tempo ao tempo, AGE non se sostén ideolóxicamente. Cando acade poder empezarán os problemas. Que pensades que é ANOVA? Un conxunto de persoas egocéntricas que querían mandar...agora desfrutade desta lúa de mel, os tempos son malos, para a sociedade e para o nacionalismo.

4 saña

DA Portela: Cando ANOVA comece a ter problemas, xa o BNG estará disolto para non pagar as débedas

5 sañadoiro

Pois que mágoa de país...que ten que confiar nun mesías.

6 Roi Xordo

Markos, deches na clave, "un líder con carisma e discurso que calle na poboación máis proclive ao nacionalismo" de entrada, e na poboación en xeral despois. Pero o problema é que sempre que hai que elixilo a UPG se trabuca. Puido ser Aymerich, pero a UPG impediuno, e non sei se a estas alturas xa pode selo. Pode selo no futuro a alcaldesa de Tomiño. Tamén Ana Pontón ou Carme Adán. Calquera das tres rapazas anteditas aporta unha agradable sensación de frescura. Pero tamén é moi importante o discurso (ningunha arela social había pola República de Galiza, amén da necesidade da UPG de conte tar ó MGS de cara a votarlles en Amio). E o xeito d erealcionarse cos demais, e isto non depende do lider, senón da masa social militante do BNG que ten que esquecer a cultura resistencialista de búsqueda do inimigo interno.

7 Odio

non só é cuestión de lider. a xestión do bloque nas parcelas que goberna non é radical, parece que non quere asustar aos que non lle votaron. Mirade onde consolidou goberno o bloque e veredes que foi con gobernos rupturistas co que había, tanto allariz, pontevedra, etc. Ainda que so fora nas formas pero cando se nota un cambio non deprimes aos teus votantes.

8 Trasterrad@

Pensei que este era un foro de política, mais xa vexo que debe ser de futuroloxía... Aínda non se sabe o que ocorrerá de aquí a dous meses a xa estades a facer prognósticos - se este cae, se o outro non se ten en pé; que se "A" son tal ou cual con respecto a "B". LEVADES ASÍ LUSTROS!!! O que teña que ser xa sairá nas vindeiras elecións ou pensasdes que a xente é parva e só vive pegada ao ordenador?

52 Xurxo

Aymerich,meu pobre,sabia que a UPG sempre paga aos traidores (viven diso),pero non sabia que o barco afundia....moito vas ter que facer para seguir ao sol...

51 Todos

Primeiro Paco Rodriguez, dispois Carlos Aymerich e o que faltaba, Anxo-Lázaro Quintana (en www.praza.com) xa soltaron o esbardalle. Só falta que a parella mediática Mexuto-Montse Prado, en rolda de prensa conxunta, expoñan o seu parecer. Así xa terian falado os responsables da desfeita (desta e das anteriores), sexa electoral, sexa do bi-partito. Bueno, tamén faltaría a opinión (é un dicir) de Bautista e Antón Losada. E ninguén deles entendeu de que vai a cousa, que é moi simple, o BNG non ten remedio.

1 Todas

Xa, non ten remedio. Voume afiliar ao PP que si o ten, canto máis parva mellor.

2 Obra

Pois se ten remedio o BNG, mans á obra. Agardo que teñades éxito na tarefa. Pero, sincieramente, dispois de ler as reflexións dos seus dirixentes, sexan da UPG sexan do Aymerich, .... que vos sexa leve. Os que abandonamos o BNG non voltaremos, pero sempre nos atoparemos, máis cedo que tarde.

3 Rabuñán

Todos, Antón Losada xa esbardallou hoxe pola mañá na SER... Que si AGE son traidores, Esquerda Unida tería 5 escanos (?)como dician as enquisas, que se Beiras antidemócrata, que se Beiras ten a culpa de todo... E outras cousas que fan pensar que efetivamente, todo o mundo ten culpa do desatre agás o BNG, que estivo toda a lexislatura pasada "a un nivelaso" digno de mereceren o Goberno por maioría absoluta... A ver agora quen é o guapo que se atreve a encabezar a formación?

4 pinchorla

Si creedes que con Age está solucionado de algún modo o problema nacional Galego, os meus parabéns.Todo se irá vendo có tempo,